Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

Xesús do Breogán participou nunha sesión de contacontos e lendas no telecentro de Foz

La Voz

A MARIÑA

28 abr 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

Xesús do Breogán participou nunha sesión de contacontos e lendas celebrada esta fin de semana pasada no telecentro de Foz, coa particularidade de que nesta mesma sesión participaron tamén a través de videoconferencia os telecentros de Carballo (con Antón Guitoi), o telecentro de Guitiriz (con Antonio Reigosa) e o telecentro de Vedra (onde estivo Antonio Vázquez).

Os veciños e veciñas dos catro concellos puideron escoitar contos populares e lendas dos diferentes lugares. Polo que respecta á localidade focense, Xesús do Breogán, escritor local e divulgador da historia de Foz, escolleu varias lendas relacionadas con San Gonzalo, así como unha pequena lenda da muller coa cesta na cabeza coas que deleitou ao público que se achegou ao telecentro de Foz.