«Aínda que organizar as festas de Burela leva tempo, sabes que nunca vas contentar a todos co programa»
A MARIÑA
Mañá comezan as festas patronais de Burela, uns festexos que se prolongarán durante once días e nos que se sucederán actos relixiosos e lúdicos. A comisión de festas apura para cerrar detalles de última hora. Foron duras semanas de traballo.
-¿A que dedican os últimos días previos ás festas?
-Estamos co tema dos donativos. Os negocios de Burela estanse portando moi ben e podemos dicir que o 90% deles colaboran, ou ben publicando anuncio no libro das festas ou con donativos. Ademais, tamén estamos medindo a superficie que van ocupar os catro bares que se instalarán no recinto feiral, onde ademais de xogos para nenos se instalarán as atraccións. Este ano tamén traeremos a montaña rusa.
-¿Xa se empeza a notar o ambiente festivo?
-Estase colocando a iluminación nas rúas e a xente xa anda cos encargos, coa roupa...
-¿Canto tempo lle dedican os membros da comisión aos preparativos?
-Haille que decicar moito tempo, pero creo que este ano o temos moi ben organizado. Temos que aproveitar as horas que nos queda do tempo libre e pasamos máis tempo na rúa que nas nosas casas. Aínda que organizar as festas leva moito tempo sabes que nunca vas contentar a todo o mundo coa programación que elixas.
-¿Ao final, David Civera non asinará discos antes do concerto?
-Aínda que se lle plantexou aos organizadores, finalmente non vai poder ser.
-Si colaborara o próximo ano ¿introduciría algún cambio na organización?
-De continuar na comisión non descartaría abrir unha conta bancaria para que os burelenses puideran facer donativos.