«Vou ás praias da Mariña e acórdome con moito cariño do Festival do Landro»

Yolanda García Ramos
Yolanda García VIVEIRO / LA VOZ

A MARIÑA

12 mar 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

Hoxe, Viveiro recibe unha visita do máis especial, porque o acto final da campaña de animación ao consumo nas vilas galegas da Federación Galega de Comercio clausúrase na cidade do Landro coa presenza, como nas anteriores campañas (en A Mariña xa celebradas en Ribadeo e en Foz), da cantante do Incio Lucía Pérez. Nesta ocasión chega como representante de España en Eurovisión, a cita máis importante da súa carreira.

-Xa a poden nomear «embaixadora» de O Incio, que se está dando a coñecer máis aló das fronteiras galegas grazas ao apego que ten á súa terra.

-Fun nomeada Filla Predilecta de O Incio e precisamente tiñano que facer público antes de Eurovisión.

-Como vive estos días, ¿está nerviosa porque o festival está cada vez máis preto? Ben se merece despois do 14 de maio unhas boas vacacións.

-Estás en tensión porque andas dun lado para outro, pero é o que quería, coas maletas... que xa non sabes onde estás. Non o sei, como espero que veñan os concertos da época de verán...

-Aquí convidámola a buscar o relax nas praias da Mariña.

-Pásome por aí a veces e fago moita publicidade da costa lucense. Lles dicía onte a unha axencia que iba este sábado para a costa de Lugo.

-Lembramos moi ben o seu paso polo Festival do Landro.

-Acórdome e con moito cariño do festival. Estiven tres veces e valoraba moito a orquesta en directo, o marco precioso da praza. Estaba encantada de ir alí... e á terceira vez foi a vencida e gañeino, cando se fixera no pabellón.

-¿É a de hoxe en Viveiro a súa última presenza pública en Galicia antes de ir a Eurovisión?

-Si. Desafortunadamente non podemos facer máis peches da campaña do comercio porque temos que promocionar en España e fóra, con TVE, Que me quiten lo bailao e non temos días físicos. Tiñamos concretado noutras vilas pero non poderá ser. Hoxe rematamos esta campaña, con pena. Seguramente vou estar máis veces por Galicia, pero non cantando.

-¿Que tal está sendo o apoio dos seus paisanos?

-Moi ben, ademais recalco o dos medios de toda Galicia e de Lugo, están volcados. Agradécese moito estar en Eurovisión e é unha recompensa a ese apoio. Creo que haberá bandeira galega o 14 de maio alí.

-Novos proxectos.

-Estamos coa gravación do novo disco, que vai sair antes do 14 de maio, sobre Semana Santa, a nivel nacional e o 26 de marzo nos promocionamos en Zurich.

Trala animación nas rúas ás 11.30 e 16.30, o espectáculo infantil Llilla e Fifo ás 12.30, o de maxia Rey Midas ás 17.30, Lucía Pérez canta hoxe na praza Maior ás 18.30 clausurando a campaña «As compras na túa vila teñen premio». Ás 19.00 será o sorteo de 3.000 euros en premios.