Lamenta os 4 anos que perdeu Burela da man do PSOE e do BNG, e ofrece aos veciños traballo, equipo e programa
13 may 2011 . Actualizado a las 06:00 h.Mestre, exalcalde, deputado provincial e actual candidato do PP á alcaldía de Burela. José María González Barcia quere que o lema do partido cale entre os veciños: ?Ninguén poderá facer máis por Burela ca nós?.
-¿Que obxectivos se marcan de cara ao día 22?
-O obxectivo de sacar a maioría absoluta, porque ningún outro partido pode sacar a maioría absoluta namais ca nós.
-¿Por que?
-Porque non hai forza suficiente.
-¿Que lle ofrece o PP aos cidadáns de Burela?
-Ofrecemos traballo, equipo e programa. Pero un único equipo unido e un único programa.
-Vostede nos últimos anos sempre falou de bigoberno local e sempre lle recriminou non ter un programa único...
-Os cidadáns perciben que hai un bigoberno. A día de hoxe descoñecemos cal foi o seu programa de bigoberno e non sabemos cal é a valoración que PSOE e BNG fan dos catro anos, tampouco a fixeron pública.
-Será porque contan seguir...
-Calquera grupo político ou de goberno que se precie fai un balance do seu traballo.
-¿Que balance fai do traballo do actual goberno de Burela? ¿Que botou de menos?
-O concello de Burela deixou de ser o espello da Mariña. Antes, A Mariña e boa parte da provincia se miraban en Burela porque tiña fama de medrar continuamente, de xente traballadora, de ser un pobo que aumentaba día a día. E nestes últimos catro anos perdéronse moitas oportunidades. O bipartito local conviveu dous anos coa Xunta bipartita e conviviu catro anos coa Deputación bipartita e non vexo ningún logro froito desa convivencia con eses bipartitos.
-¿Cales son os proxectos máis importantes do PP?
-O obxectivo fundamental é volver impulsar Burela. O Concello ten que poñer as ferramentas urbanísticas, fiscais e administrativas para crear solo empresarial; temos que axudarlle ás empresas, aos autónomos e aos comercios a crear emprego, e temos que aumentar a calidade de vida dos burelenses, atendendo á poboación infantil, á terceira idade e a enfermedades novas, como o Alzhéimer; temos que xestionar ante a Xunta para ampliar o hospital, mellorar as instalacións deportivas e as dotacións educativas.
josé maría gonzález barcia candidato do pP en burela
Depende
En contra
A favor
Cadaquén que faga o que queira
En contra
Con condicións
Cada un, dentro da súa liberdade...
En contra totalmente
Moito por aclarar
A favor, sempre respectando os dereitos dos que están e dos que veñen
Patacas, cebola fritas, con ovos e chourizo
Carnes raras, como a de serpe
Un tinto mellor que o mellor branco
Auga e viño
Podendo, case todos; bonito no verán
Un Golf que ten nove anos
Froita, e non pouca
Na casa
Primeiro os de Burela, e despois os galegos
A música, ler, footing e camiñar
Cela, Kafka, Miguel Hernández, etcétera
O Quijote e A Biblia
«Ciudadano Kane»
Goya e Picasso
Marlon Brando
Meryl Streep
Rollings Stones
Música anglosaxona dos anos 60 e 70
Debates, informativos e unha boa película
Nueva York, Londres e Roma, para volver