O rapaz viveirense acadou este novo triunfo tras os logrados o ano pasado, co club Lucus Caixa Rural
19 ene 2012 . Actualizado a las 06:00 h.O viveirense Adrián Ben Montenegro volta do IES María Sarmiento onde cursa segundo de ESO coma un día calquera. Este rapaz de 13 anos que soña con estudar INEF de maior vén de acadar en Monterrei (Ourense) o posto de subcampión galego de cross (categoría cadete) co club Lucus Caixa Rural.
-Corre...
-Dende primeiro de primaria.
-E gaña...
-Lembro o primeiro campionato galego que gañei, o ano pasado fíxeno no de 80 metros lisos, fun subcampeón galego en salto de lonxitude e terceiro en mil metros. O domingo pasado foron os campionatos cadete e xuvenil, clasificacións distintas. O chiste foi que dos catro primeiros da xeral, o segundo, terceiro e cuarto eran cadetes do primeiro ano, é decir, os máis pequeniños.
-Vexo que as novas xeracións veñen pisando forte en atletismo..., nunca mellor dito.
-Vamos ter un equipazo. Emocióname ir aos campionatos, correr. Gústame que meu pai diga que o fixen ben e que está orgulloso. El sufre igual ca min... pero non corre.
-¿Cal é o próximo campionato que tén á vista?
-O do domingo pasado era federado e agora os que veñen son os escolares (o comarcal de Lugo, porque o da Mariña xa foi). Gustaríame seguir no Santa Rita de Galdo no que me formei pero co club Lucus Caixa Rural teño máis posibilidades, é un entrenamento máis forte.
-¿A que corredor admira?.
-Ao galego Carlos Villamor, que corre na absoluta.
-¿Como compaxina o de estudar e entrenar?
-Facil, cando non estou entrenado, estou estudando.
-Parte do seu tempo libre se dedica ao deporte. ¿Que lle diría a aqueles nenos aos que non lle gusta practicar ningún?
-Que eles o perden. Prefiro estar xogando por aí e disfrutar do día que estar tirado no sofá.
-Tamén terá que comer ben. ¿Cal é o seu prato favorito?
-Como o que me prepara miña nai, nada. ¿O que máis me gusta? As albóndigas.
ADRIÁN BEN NOVO SUBCAMPiÓN GALEGO DE CROSS EN CADETE