Dous irmáns lanzan unha aplicación para crealos e compartilos na rede
17 feb 2014 . Actualizado a las 21:17 h.Enxeñeiro informático, consultor de negocios, empresario. Con só 31 anos, o mindoniense Manuel Méndez Bouso está conquistando o mercado nupcial co seu iBoda Foto 2.0.
-¿Que é iBoda?
-Son unhas aplicacións para móbiles, para que as descarguen os invitados que van a unha voda. Para eles é gratuíta, descargan a través das plataformas actuais, como Google Play ou Apple Store e con esas aplicacións poden compartir o contido multimedia do seu móbil en tempo real, con unha plataforma web, en la nube, como se di hoxendía. As fotos, que son o que máis atrae nunha voda, vannas compartindo cun código exclusivo para cada evento, porque é algo privado, é unha mini rede social privada e vaise creando un álbum dixital en tempo real. Os noivos poden acceder a elas a través da plataforma www.ibodafoto.es ou a través de calquera outro dispositivo, como móbiles, tablets. ipad, etcétera. A vantaxe para os noivos é que xuntan todas esas fotos que doutro xeito ían ter complicado de reunir porque ou chas pasan os mais coñecidos, ou como digo eu, morren co móbil.
-Con un simple teléfono
-Si. Hoxe levamos móbil a tódolos sitios, levámolo ás vodas e sacamos foto da cerimonia, do aperitivo, do banquete, da festa.Pero despois é pouquiña a xente que fai algo con elas e as pasan ó ordenador, e moito menos os noivos. Deste xeito, co iBoda poden levantarse ó día seguinte, ou irse de lúa de mel e cando chegan a destino, con que teñan un ordenador e unha wifi ou móbil xa teñen aí todo o seu álbum de fotos: pódenas descargar, poden solicitar imprimilas...Hai unha plataforma de xestión desas fotos. Outra característica que chama a atención e está gustando é que no mesmo momento da voda pódense poñer unhas pantallas no salón ou un proxector e todas esas fotos que están compartindo pódense ver en tempo real na pantalla. Á xente tenlle moita graza (...) Eu digo que é como a versión moderna das cámaras desbotables que poñían nas mesas para que a xente sacara fotos. A maioría dos que tiñan iso en mente, cando se enteran do noso produto, descartan a cámara e optan por ese servizo porque é moito mellor.
-¿Como se lle ocorreu a idea do iBoda?
-Teño unha empresa Eventec, orientada á sonorización e a animación de todo tipo de eventos, pero facemos un 90% de vodas _este ano temos unhas cento e pico contratadas xa en xaneiro_ E a idea xurdiu nas vodas. Eu sacaba unhas fotos e dicía qué fago agora con elas (...) E véuseme a idea de que os invitados fixeran fotos e pensei, iso é viable. A idea orixinal foi un produto previo desenrolado por min, que naceu das necesidades de Eventec. Despois falei con meu irmán, Jesús, para ver como podiamos enfocalo para darlle vida e asociamos iBoda a iProxecta, porque viamos que se podía levar a todo o sector das vodas, ao mercado, a través de discotecas móbiles, fotógrafos, restaurantes, tendas de regalos. De aí que o sacamos a través de iProxecta e detrás estamos os dous.