«Absa podería medrar máis se houbera máis cuota», di o xerente, Miguel Neira
A MARIÑA
Na lonxa de Burela, a terceira de Galicia, incrementouse un 26 % nos últimos sete anos a facturación por pesca fresca
08 ene 2015 . Actualizado a las 05:09 h.A lonxa de Burela pechou o 2014 cunha facturación de 66 millóns de euros e mantense como terceiro porto de Galicia en venda de pesca fresca. Pero ademais, a a lonxa que xestiona Armadores de Burela, Absa, foi a que máis medrou en vendas nos últimos sete anos. Segundo os rexistros históricos recollidos en Pescadegalicia. com, incrementou un 26 % neste período as súas vendas, a suba máis rechamante de toda Galicia. Miguel Neira, xerente de Absa, asegura que «poderiamos medrar máis se houbera máis cuota».
-No 2014 pechan con 66 millóns de euros en facturación, e cun incremento do 26 % con respeto ao 2007. ¿Cal é clave?
- Débese á suma de moitos factores. No porto de Burela segue tendo moita presenza a frota que non é local, que provén doutros portos que valoran os servizos que se presta. Un 50 % repártense entre frota local e doutros portos que deciden comercializar as súas capturas en Burela. E outro factor importante é tamén a situación que se viviu no último ano con determinadas cotas que nos permitiu tamén que se incrementase a actividade. Falo sobre todo da pescada, unha das especies fundamentais xunto ao bonito e á cabala.Con respecto á caballa, en números podería ser moito mellor porque esta frota traballa dunha forma moi contida, xa que as cotas que teñen asignadas son moi limitadas. Son bos datos pero poderían ser mellores e ter un impacto sobre o tecido económico da zona moi superior.
-¿Cómo se ve o 2015?
-Por unha banda en Gran Sol hai unha lixeira melloría para a pescada, que é a especie principal para este porto, e non podemos dicir que esteamos contentos, pero vendo cal era o posicionamento inicial da Comisión Europea os resultados son aceptables, aínda que todos quereriamos que fosen outros. Sobre o resto das especies, a verdade, bastante preocupados. Sobre todo pola frota de litoral e a de baixura. Aí as propostas dos Tacs aprobados dificultan o día a día para estas frotas e afectan moi directamente ás lonxas. Este ano 2014 foi de incremento de actividade importante, no 2015 o obxectivo é seguir crecendo e o noso crecemento vai estar condicionado polas cotas. A Mariña, ten un peso interesante non total do peixe fresco que se vende en Galicia, por encima de 110 millóns, cos 66 nosos e os 46 de Celeiro. En Burela a pescada de Gran Sol andou polos 41 millóns de euros, e o bonito casi 8 millóns.
-¿E o combustible? ¿Seguirá sendo un problema para a frota mariñán?
-Pensando en frotas con consumos elevados, o prezo do combustible é agora mesmo moi distinto ao que tiñamos fai un ano, unha baixada moi importante, estamos a nos pór en prezos anteriores ao 2008. Isto fai que de cara a este ano, as empresas arrinquen o exercicio cos mesmos problemas de cotas e cun pouco máis de optimismo con respecto ao prezo o combustible.
miguel neira xerente de armadores de burela