Olalla Rodil defendeu no feudo nacionalista unha reforma das taxas aos autónomos
09 dic 2015 . Actualizado a las 13:29 h.LA CAMPAÑa electoral DEL 20D
Olalla Rodil, a cabeza de lista ao Congreso por Lugo por Nós-Candidatura Galega, presentouse onte nun feudo do BNG, como é Ribadeo dende fai case unha década, para xunto co alcalde, Fernando Suárez, Martín Graña, Teresa González e Orlando González, lanzar propostas de marcado contido económico, como unha reforma das taxas e impostos que pagan as pequenas e medianas empresas, a eliminación das SICAV, que o Estado lle reclame aos grandes clubs de fútbol as débedas pendentes con Facenda e a Seguridade Social e a eliminación da taxa fixa mínima que pagan os autónomos cada mes, de xeito que varíe en función dos ingresos. Tamén tiraron do adn galeguista, reclamando a necesidade «dunha voz forte e propia nas cortes xerais do Estado e non unha procesión de caladiños que van a Madrid de paseo e cando toca posicionarse esquecen a súa procedencia e quen os votou». Non faltaron alusións ao problema do Alto do Fiouco e ao «saqueo» das taxas polo tráfico portuario de Alcoa.
Fernando Suárez lembrou que a presenza do BNG no Congreso permitiu en momentos de ausencia de maiorías absolutas exercer unha presión da que se beneficiou Ribadeo, presión que cre necesario manter para resolver cuestións tan importantes para o Concello como os accesos dende a autovía do Cantábrico ou a ruta do tren mineiro ata A Pontenova.
Actos esta noche en Foz y Burela
El PSOE de Foz ha organizado para hoy, a las 20.00 horas, un mitin en el centro social de Santa Cecilia. En Burela, a las 20.30, habrá mitin en la antigua biblioteca.
Ayer en el mercado semanal de Foz y hoy en Ribadeo
La caravana naranja de Ciudadanos visitó ayer el mercado semanal de Foz, con los cabeza de lista, Isabel Cendán y Víctor González. Hoy estarán en el mercado de Ribadeo y se reunirán con el presidente de A Mariña Federación, Acisa y con el portavoz de la plataforma de la comisión pro asilo, para expresarle su apoyo.
El conselleiro, en Burela y Xove
Jaime de Olano reparte hoy propaganda el mercado de Ribadeo (10 horas); el conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez, Joaquín García Díez y Olano hacen campaña en Burela y dan un mitin a las 20.00 en el Hotel Nordés y a las 21.00 en el centro cívico de Xove.