Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

Eduardo Chao: «Intento elevar a cultura galega ó máximo exponente»

i. e. O VALADOURO / LA VOZ

A MARIÑA

p. losada

O concelleiro do BNG do Valadouro fai un balance positivo da súa etapa no goberno

08 sep 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Eduardo Chao, do BNG, entrou a formar parte do goberno municipal do Valadouro neste mandato, onde se encarga das áreas de Cultura e Obras.

-¿Que balance fai deste tempo no goberno municipal?

-Para min é un balance positivo, pero iso terán que dicilo os electores.

-¿Na área de Cultura que destacaría?

-Intentamos potenciar o Día das Letras Galegas, trouxemos un grupo de teatro para representar unha obra de Manuel María. Cada vez que entra unha persoa trata de facelo á súa maneira, eu como membro dun grupo nacionalista intento elevar a cultura galega ó máximo nivel.

-¿Como leva a relación co socio de goberno?

-Creo que bastante ben, hai as nosa diferenzas, pero vamos levándoo. Hai un tema pendente, o do polígono industrial, que foi unha das nosas condicións para apoiar e está atascado. É algo que a min me quita o sono.