Viveiro no existe en los indicadores de la A-8 ni de la A-6 en plena Semana Santa

S.C., X.M.P. VIVEIRO / LA VOZ

A MARIÑA

Xaime Ramallal

El BNG desplegó ayer carteles cerca de ambas autovías para informar a los visitantes

08 abr 2017 . Actualizado a las 22:27 h.

Membros do BNG de Viveiro viaxaron durante a tarde de onte pola A-8, entre Vilalba e Barreiros, para denunciar a ausencia de Viveiro nas sinais verticais das distintas saídas da Autovía do Cantábrico; Viveiro tampouco está sinalizado na A-6.

Unha acción reivindicativa executada pola organización nacionalista tamén para visibilizar a desorientación que provocan os paneis informativos de Fomento na A-8 a quen viaxa pola Autovía do Cantábrico cara Viveiro, «paneis que lles crean confusión e unha grande desorientación durante o seu desprazamento debido a ausencia total do nome de Viveiro nos paneis de sinalización da autovía».

Nesta acción reivindicativa, a máis do BNG de Viveiro, estiveron a responsable comarcal, Ana Ermida e o deputado do BNG en Lugo, Antón Veiga. Despregaron carteis e pancartas en dúas das saídas da A-8 nas que demandan a Fomento a inclusión de Viveiro nos paneis verticais da autovía (saída 575, á altura de Vilalba, e 524, á altura de Barreiros).

Con estes carteis pretenden axudar aos visitantes que esta Semana Santa desfrutarán de Viveiro e da Mariña e que se despracen pola autoestrada.

«Esta demanda xa histórica do pobo de Viveiro, que foi trasladada durante os últimos anos en numerosas ocasións ao Ministerio de Fomento por distintos grupos políticos e que foi tamén outras tantas veces ignorada polo Goberno central, foi levada novamente ao pleno de Viveiro do pasado 15 de marzo, aprobándose por unanimidade da Corporación municipal unha moción promovida por 20 colectivos sociais, sindicais, culturais e empresariais a iniciativa do BNG de Viveiro», lembran.

O BNG de Viveiro denuncia o estado de abandono e aillamento no que os Gobernos de Feijoo e Rajoy manteñen a Viveiro, «aillado e desconectado», así como ao resto da comarca.