«Quero facer as cen millas que hai desde a praza do Conde Santo á do Obradoiro»
A MARIÑA
Martín Pardiñas inicia hoxe a súa aventura de cubrir dun tirón o tramo do Camiño Norte entre Lourenzá e Santiago
14 oct 2017 . Actualizado a las 05:00 h.Ás cinco e media da tarde de onte, Martín Pardiñas (Lourenzá, 1988), un amante do deporte e, dende hai catro anos, afeccionado ás carreiras de montaña, partía onte da Praza do Conde Santo para percorrer o tramo do Camiño Norte que hai entre a súa localidade e Santiago.
-¿Que aventura emprende?
-Desde fai anos tiña na cabeza facer correndo o Camiño de Santiago, dende Lourenzá. Chegou o día de intentalo. Facelo como si fora unha carreira de montaña, pero sen a loxística dunha carreira, aínda que bueno, vaime acompañar a miña moza, Lucía, e dúas amigas, Marta e Mila , que van ir vendo como vou. Elas irán en coche a certos puntos, cada 25 kilómetros máis ou menos.
-¿Cantos kilómetros hai?
-160. Son cen millas, unha distancia mítica das carreiras de ultradistancia. En carreiras largas, os cen kilómetros ou as cen millas son distancias emblemáticas e dende a Praza do Conde Santo ata a do Obradoiro son cen millas. Coincidiu así.
-¿Cando se enterou de que había cen millas xustas?
-Desde que empecei a adestrar polo Camiño de Santiago, xa fai moito tempo e aí foi onde xurdiu a idea hai anos (...).
-¿Como ten plantexado facela?
-Sairei ás cinco e media da tarde da praza do Conde Santo de Lourenzá e ir tirando ata que chegue; tampouco teño moita máis estratexia pensada. A idea e facela dun tirón e chegar o máis rápido que poida, en 25 horas, ou así.
-¿Sen durmir?
-Sen durmir, facer a noite dun tirón. Tamén depende moito das enerxías que leve, pero si vai ben, vou parar pouco, un cuarto de hora ou así para cambiar os calcetíns, comer algo... Tamén depende do tempo, si chovera, hai que cambiar a roupa. A ver, a idea é ir seguido, pero como tampouco é unha carreira de tipo competitivo na que tes que facer unhos tempos de corte, se teño que parar unha hora pararía. Non quero establecer ningún récord.
-¿Fixo esta distancia antes?
-O máximo que corrín ata agora foron 86, a metade. Tamén é verdade que nas carreiras de montaña os desniveis son moito más duros, isto ó final é pasar kilómetros. Aquí hai máis kilómetros, hai que regularte máis; ó principio vas fresco, pero ó final pódese pagar.
-¡Iso de que non é duro! A subida ata a Xesta...
-Bueno, non o é comparado co que facemos; a subida esa creo que ten 500 metros positivos ou así (de desnivel) e nas carreiras que facemos podemos ter 2.500. Ó final do recorrido creo que ten 3.600 metros positivos, e as carreiras de montaña nesa distancia adoitan ter dez mil, a diferenza é moi grande (...). A ver, non sei o que vai pasar, que nunca corrín tanto tempo.
-¿Cando chegaría?
-A idea é chegar las seis e media ou sete e media da tarde (hoxe).
-¿E para avituallamento?
-Pouca cousa, un tuper con pasta, outro con arroz branco e levaranme unha mochila con roupa. Tampouco levo moitas cousas, porque a idea é levar eu unha mochila, como cando corremos, con comida, bebida, guante para frío...(...). Elas van como un apoio.
-¿A noite será o máis difícil?
-Creo que será o máis «fácil»; o difícil da noite é que te acabas cansando da vista, pero como as temperaturas baixan, eu cando fai frío corro mellor que con calor. Levo lanterna frontal con pilas de recambio e GPS (...).
-¿Traerá a Compostela?
-Intentareino, aínda que me din que non cumpro a norma de facer dous selos por etapa e por día...Non ma querían dar, pero levo un track cos kilómetros. Eu vouna levar sellada de Lourenzá e cando pase polos sitios, polo menos cando é de día, vou intentar selada.