Un dos músicos fundadores da formación focense, José Luis Fernández Carreiras, leva agora a batuta da mesma
22 nov 2017 . Actualizado a las 05:00 h.Hoxe é unha data máis que sinalada para todo músico. É Santa Icía, a patroa. Non hai moito que a Banda Municipal de Música de Foz mudou de director, collendo dende setembro a batuta un dos que estiveran presentes na súa fundación, José Luis Fernández Carreiras (Alfoz, 1970).
-Conta que repite como director en Foz, xa estivo noutra ocasión nese cargo. Como sente a función, a responsabilidade?
-Estou cómodo porque hai moi bo ambiente. Vexo que a xente está implicada. De feito, en dous meses e medio fixemos un traballo no que se notou a evolución en cada obra que traballamos.
-Cantos músicos a integran?
-Se están todos, sobre 30. Pero hai xente repartida por diferentes sitios como Madrid, Xixón, A Coruña... Facer un ensaio completo é complicado pero esta xente está demostrando sacrificios, tamén a que ven de Lourenzá ou O Valadouro.
-Foi dos que a veu nacer...
-Realmente si. Hoxe quedan moi poucos dos músicos cos que empezou a Banda de Foz.
-De feito xa non está a súa alma mater, Arcadio Mon. Nótase a súa ausencia aínda?
-A de Arcadio si. Estes últimos anos tiña unha función como director da escola. O trombón era o seu instrumento. E grazas a el, é unha corda moi forte na banda.
-Cal é o seu instrumento?
-O saxo e a guitarra. Empecei con solfeo cuns 12 anos, na guitarra aos 15 e saxofón despois. Vivía en Alfoz. Fixen estudos máis profesionais ao vir para A Coruña, onde fixen a titulación superior de guitarra e o grao medio de saxofón.
-Mañá [hoxe] é día especial.
-Sei sei...
-Como celebrará Santa Icía?
-(Sorrí) Celebrareino con amigos músicos xogando un partido de fútbol.
-Se lle coñecederan un soño, en que banda quixera estar?
-Unha banda é como un instrumento moi grande. Se consigues transmitir e conectarcos músicos tes o poder de controlar un instrumento moi grande, a banda ao completo, e dárlle carácter específico a unha peza.
-Cre que está ben valorada a labor do músico hoxe en día?
-Creo que non. A maioría da xente non imaxina das horas que fan falla para ter un mínimo control do instrumento. Requiere moito traballo e dedicación.