El CD Foz, ya ascendido a Preferente Galicia Ningún jugador del equipo tiene sueldo y solo cobran primas: 10 euros por empate y 30 por la victoria
09 may 2018 . Actualizado a las 05:00 h.Son las estridencias, los abismos que median del deporte profesional al aficionado. ¿Amor a los colores? ¿Besar el escudo? Messi, el futbolista mejor pagado del mundo, cobra 45 millones de euros al año, 865.000 euros a la semana. Messi tiene un lugar ganado en la historia del fútbol, sin duda. Pero la historia de los jugadores del Club Deportivo Foz y de tantos otros equipos es otra, bien diferente. El Foz acaba de firmar una excepcional campaña, muy por encima de las opciones que se le auguraban al inicio de la liga. Ascendido virtualmente a Preferente Galicia a falta de tres jornadas para que concluyese el campeonato, ahora sigue de fiesta. Restan dos encuentros todavía. ¿Cuánto cobran los jugadores del Foz? Ninguno tiene sueldo, explica el presidente, José María García Rivera. La plantilla solo cobra primas: cero euros por perder, 10 por empatar y 30 por ganar. Algunos jugadores sí perciben un plus, por kilometrajes para compensar sus desplazamientos, o porque entrenan a porteros, por ejemplo. Además, las primas solo las cobran los 16 jugadores convocados. El resto se va de vacío esa semana. A cambio, entrenan y juegan cada domingo.
«Eu xoguei no Foz, fun capitán, adestrei e agora presido o club. Sei do que falo e comprendo o que lle queren os xogadores ao escudo. Estes rapaces senten as cores. Para nós, a directiva, é moi importante, porque sabemos que hai xogadores que poderían estar en outros equipos cobrando o triplo», apunta Rivera.
El Foz tiene que echar cuentas. Y de hecho ya las está echando de cara a la próxima temporada, cuando competirá en Preferente Galicia. Rivera reconoce que no será fácil cuadrarlas, y apela a la afición local para que se implique más, haciéndose socio, aprovechando el tirón de estas últimas jornadas.
«Na directiva somos cinco, pero un é maior e asiste pouco. Realmente decidimos catro. Tivemos dous ascensos en tres anos e as cousas están saíndo ben, pero porque temos unha moi boa rede de colaboradores, de xente que nos axuda, dende estando na taquilla a indo buscar os balóns que van fóra, sendo delegados dos equipos das categorías inferiores... en fin, moita axuda. E agora chega o ascenso, ¿e como estamos de cartos? Pois xustos. Fomos pagando débedas que tiñamos atrasadas do Foz, de xeito que agora pode estar en torno a 40.000 euros. ¿E que vai pasar? Pois que o pobo ten que espertar. Esta marea de afeccionados que se creou nestas últimas xornadas ten que seguir apoiando ao Foz en Preferente Galicia, porque subir de categoría supón tamén máis gastos. Solo en arbitraxe dóbrase, e todo afecta. Nós, por exemplo, non tiñamos presupostadas tantas vitorias este ano, Cada mes afrontamos máis de 2.000 euros en primas, aparte dos adestradores. Tamén imos pagar o 5% do amaño do campo... hai que facer moitas contas», añadió Rivera.
El presidente del Club Deportivo Foz hace un balance muy positivo del año: «A min o que máis me gustou foi que ninguén nos daba como favoritos. Eu sabía que tiñamos moitas posibilidades de estar arriba e ao final chegamos a Preferente, que é a categoría na que ten que estar o Foz. Pero non renunciamos a nada. Xa o dixen e a xente parece que o tomou a broma, pero o Foz en algún momento chegará a estar en Terceira. Xa estivemos e merecemos volver aínda que solo sexa por facerlle unha homenaxe a aquela xente de Foz que xa xogou nesa categoría. A medio ou largo prazo poderemos estar en Terceira, pero para iso é fundamental que haxa unha afección forte, ademais dos incondicionais de todo a ano, con toda esa xente que se sumou neste último tramo de liga. Xa se fala de crear unha peña. Oxalá».
Rivera seguirá de presidente, en principio, pero no tiene mayor ambición: «Na asemblea, cando remate a liga, vou poñer o meu cargo a disposición dos socios. Quedan tres anos, pero se alguén quere dar o paso eu cedereille o cargo. E senón, seguirei, porque o club non vai quedar baleiro».
«Gayol, se quere, por suposto que ten que seguir dirixindo ao Foz. Gañouno»
El Foz siempre ha presumido, con justicia, de cantera. Y también de practicar un fútbol bonito, elegante, de buen gusto. Esa es una de sus señas de identidad. De cara a la campaña de Preferente Galicia se seguirá tirando de cantera, pero inevitablemente será preciso reforzarse para competir con garantías. Así opina el presidente, José María García Rivera.
«¿Se hai plantilla? Esa é unha boa pregunta. Imos estar tranquilos, porque nos quedan dous partidos de liga, pero é certo que xa estamos pensando no próximo ano. Temos que ir sen presas pero sen pausa. Imos poñernos co proxecto rápido, falando co adestrador, con Gayol, que non cabe dúbida ten que seguir, se el quere. E teremos que falar dos descartes e nos nomes que baralla. Haberá descartes porque hai xogadores que polas súas condicións de traballo probablemente non podan adestrar o que se esixe en Preferente. E tamén haberá outros que non queiran xogar na categoría, porque esixe máis. E outros que, vendo que tiveron poucos minutos, quizais queiran buscar outro equipo para xogar máis habitualmente. Neste momento contamos con todos, pero tamén pensamos que sería bo incorporar a xogadores de Foz que xogan noutros clubs, que coñecen ben o Foz. Iso iría coa nosa idea de confiar sempre na canteira. Penso que haberá que facer tres ou catro incorporacións, as que sexan precisas por liña e que recomenden os técnicos».