A formación que dirixe David Ballester vai actuar neste día sinalado ás 20.30 horas no parque
25 jul 2018 . Actualizado a las 05:00 h.Hoxe • 20.30 horas • Parque de San Francisco • Semana completa para a Banda Municipal de Música de Ribadeo que esta semana vai ofertar dous concertos. Un deles xa terá lugar hoxe, nun día especial como é sempre o 25 de xullo na nosa comunidade. Será o concerto do Día da Patria, unha cita na que, tal e como explica o director da formación David Ballester, o repertorio será moi galego. En caso de choiva, a actuación trasladaríase ao Teatro.