Esta noite chega o «momentazo Sabela» na final de OT cunha canción en galego de Ugia Pedreira

La Voz VIVEIRO / LA VOZ

A MARIÑA

OT

En Bravos (Ourol) instalan unha pantalla xigante para seguir en directo a actuación da xoven intérprete

19 dic 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Esta noite é a final de Operación Trunfo na TVE1 na que participa a moza da Mariña Sabela Ramil interpretando en galego, tal como ela mesma anunciou, unha canción de Ugía Pedreira e Marful, «Tris Tras».

Sabela xa tivo estes últimos días o apoio público da focega Ugia Pedreira, e onte as redes ardían, case que literalmente, con comentarios de apoio na súa meirante parte. Esta noite peleará na final por gañar OT, aínda que a moza xa trunfou converténdose case que nunha «estrela».

Pantallas xigantes en Ourol

Hai que indicar ademáis que en Ourol, Bravos, onde están as raíces da moza, hoxe verán a gala final en televisión a través dunha pantalla xigante que se instalará no local social. Sabela e a súa nai teñen previsto visitar Ourol para pasar o Nadal. A moza, cunha voz prodixiosa, logrou chegar á final despois de moitas dificultades. Sabela forma parte tamén da Irmandade da Santa Cruz, na Semana Santa de Viveiro.

Viveiro, Ourol e boa parte da Mariña e de Ortegal están empapelados con carteis de apoio a Sabela. O traballo da nai e da familia foi inmenso nesta etapa na que Sabela concursa en OT, un traballo incansable, pero o obxectivo está cumprido.