Baixo o lema «Construíndo unha nova Galiza», o BNG celebrará o Día da Patria Galega (25 de xullo) con actos simbólicos en varias vilas, adaptados ás circunstancias e garantías sanitarias vixentes. En concreto será en Xove, Cervo, Viveiro, Foz, Barreiros, Alfoz e O Valadouro.
Despois de térense suspendido dúas datas, debido á situación sanitaria, «os nacionalistas da Mariña despregarán esta semana a bandeira da patria, de considerables dimensións, que será portada por un máximo de dez persoas das respectivas localidades en diversos puntos da comarca», explica o BNG. O percorrido comezou onte no dique norte de Morás, e segue hoxe, ás 16.00 horas, na ponte da Misericordia de Viveiro, e ás 19.00 horas no Castelo de Alfoz. Continuará o xoves, ás 17.00 horas, na ponte da Espiñeira (Barreiros-Foz), e rematará ás 18.00 horas en Burela, no caso de que remate o confinamento. Se non, non se fará.