Sons de Celeiro busca apoios para ser finalista no certame musical Carvalho Calero

La Voz VIVEIRO / LA VOZ

A MARIÑA

Sons de Celeiro nunha actuación previa á pandemia do coronavirus
Sons de Celeiro nunha actuación previa á pandemia do coronavirus CEDIDA

03 oct 2020 . Actualizado a las 20:12 h.

Sons de Celeiro participa, xunto con outros 78 grupos de Galicia e Portugal, no certame musical Musicando Carvalho Calero, dedicado pola AGAL e a Radio Galega á figura homenaxeada no Día das Letras Galegas 2020. A formación viveirense busca apoios para intentar colarse entre os dez finalistas que optarán a un premio de 1.500 euros, ademais de á realización dun vídeo e a gravación do tema. Polo momento, o tema que musicaron, que leva por título Non sei, e que se pode visualizar neste enlace, está tendo moi boa acollida en Youtube, conseguindo mesmo poñerse á cabeza no número de visitas.