A Real Academia Galega dedicaralle as Letras Galegas 2023 a Fernández del Riego, natural de Lourenzá

La Voz VIVEIRO / LA VOZ

A MARIÑA

No disponible

Era un reclamo unánime que saíu do Concello de Lourenzá e foi apoiado polas corporacións locais da Mariña e moitas asociacións

09 jul 2022 . Actualizado a las 13:50 h.

Francisco Fernández del Riego, quen fora histórico galeguista, estudoso das nosas letras, natural de Lourenzá, onde foi nomeado Fillo Predilecto, será o homenaxeado nas Letras Galegas do vindeiro ano 2023. El mesmo foi inspirador de que se celebrase este día, tal como lembra o pleno da Real Academia Galega celebrado este sábado. 

Del Riego, gran amigo de Cunqueiro, membro do grupo de intelectuais que lle deron continuidade ao ideario do Grupo Nós, foi un activista intelectual de sempre e galeguista. Impulsor e fundador da Editorial Galaxia, un deles, defensor da cultura e da historia de Galicia nos anos difíciles do franquismo e crítico literario. Nos seus últimos anos foi tamén presidente da Real Academia Galega. En Lourenzá lémbrano con agarimo. No Concello laurentino, a alcaldesa Rocío López amosa a satisfacción por esta elección.

Na Voz de Galicia da Mariña rendémoslle unha homenaxe a Fernández Del Riego nos seus últimos anos á que asistiu, nunha gala no Restaurante Louzao, en Area, onde se lle concedeus un dos premios de Mariñanos do Ano e de Honra. Entón lembrou a Cunqueiro, Leiras, Pascual Veiga, aos irmáns Vilar Ponte, aos poetas do Real Seminario e a tantos outros. Tamén tivera palabras para a súa Lourenzá natal.

A decisión de dedicarlle o vindeiro ano das Letras Galegas fíxoa pública este sábado o presidente da RAG, Víctor F. Freixanes.