Carlos Folgueira (O Rei das Tartas): «As expectativas que tiña de antes da pandemia na área da A8 triplicáronse»
A MARIÑA
Foi o último negocio da empresa familiar que conforman cinco locais
27 sep 2022 . Actualizado a las 21:57 h.O Rei das Tartas foi unha de las empresas mariñás que recentemente recibiu un dos recoñecementos da Asociación Día de Galicia en Asturias. Carlos Folgueira é na actualidade a alma mater da firma, tomando o relevo que lle deixara seu pai hai xa varias décadas. Un dos últimos proxectos empresariais que veu a luz foi a área de servizo situada na A-8 ao seu paso por Abadín (saída 552) co obxectivo, según publicita na web, de ser un «referente dentro do sector servizo para todos os viaxeiros». Sen embargo, Folgueira lembra que o seu arranque non foi doado, xa que trala inauguración en decembro de 2019 chegou a inesperada pandemia. Agora, botando a vista atrás a tantos días de peche e negativos pronósticos, sinala que non só se cumpriron as expectativas con iniciais respecto ao funcionamento da área de servizo senón que se incrementaron. O Rei das Tartas conta con varios locais en Mondoñedo. En total, suman cinco e unha plantilla dunhas 15 persoas.
—Como valora o último recoñecemento que lle veu de Asturias?
—Dende fai case uns 40 anos que montamos a área da carretera N-634 e tamén na nova área de servizo, moitos asturianos levan parando nos nosos locais. Supoño que será por esa unión e amizade, e esa relación comercial que hai de tantos anos.
—A área de servizo, como está funcionamento na actualidade sobre todo agora que a pandemia xa non está tan omnipresente?
—A área de servizo O Rei das Tartas da A-8 foi un impulso moi grande, tanto de inversión como de traballo, tras cinco anos de permisos e papeis. Estamos enfocados ao 100% nela. Aos dous meses de abrir chegou a pandemia, tivemos un tempo moi parados, pero desde fai case un ano, cada día que pasa, imos a máis. Agora planteamos facer todos os esforzos na propia área, de cara a seguir aumentando clientela e incluso poder aumentar outros servizos. Por exemplo, estamos a punto de poder conectar xa o punto de recarga eléctrica de vehículos, de Repsol. En proxecto, tamén de cara ao día de mañá, temos previsto ampliar os aparcamentos, a zona de restauración, intentar facer un pequeno hotel... Pero sempre, pasiño a pasiño e con cautela.
—Abre 24 horas?
—Empezou abrindo 24 horas pero agora non. O horario é de seis da mañá ás once da noite. É complexa a apertura 24 horas; por un lado cambiou bastante a lei en tema de áreas de servizo e tamén por seguridade, xa que de noite se traballa con moita inquietude. Agora ampliamos plantilla e aumentou o volume de venta. As expectativas que tiña postas na área antes de que viñera a pandemia, agora mesmo son tres ou catro veces máis, en canto a xente de paso. E contando que a pandemia parou a todo o mundo e daquela viamos todo moi negro.
—Cantas tartas de Mondoñedo vende ou elabora a diario?
—Depende dos picos de Nadal e do verán, pero fixo sae unha media de 200 ou 300 ao día. Tamén temos moitos pedidos online, que veñen de fóra. Ainda que a venta máis elevada (80 ou 90%) é a directa, dende o propio local.
—Pasóuselle pola cabeza algunha vez modificar a fórmula familiar?
—Non, porque cando as cousas funcionan ben... para que tocalas? Esa é a nosa forma de pensar. Ademais, é un produto moi artesanal. Tamén vendemos a magdalena nosa, de toda a vida. Vendemos moitísima. E elaboramos outras de chocolate con noces, de queixo, unha de Santiago co anagrama do Rei das Tartas. Basicamente, xa non é modernizar; penso que o segredo destas cousas é que sigas traballando coa mellor materia prima que hai no mercado, ainda que teñas que subir 20 céntimos o prezo do produto. A clave nosa é: elaboración propia distinta á que poden ter outros e utilizar boa materia prima. Hai case 30 anos que faleceu meu pai e eu empecei novo, por ampliar o negocio. Non son casualidades da vida, todo é a base de traballo, esforzo, humildade.. Sempre é bo mirar para atrás e ver de onde viñeches e adonde vas. Estou contento porque o traballo é moi bo e somos como unha pequena familia. Nótase en como funciona o negocio.