Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

As cíbercarrachas

S. Corral

A MARIÑA

Oscar Vázquez

28 dic 2023 . Actualizado a las 15:13 h.

A palabra «cíbercarracho» vén de ser escollida Palabra do Ano 2023 por votación popular promovida pola Real Academia Galega (RAG) e a Fundación Barrié, através do Portal das Palabras. Cíbercarracho acadou máis do 40% dos votos rexistrados, situándose por diante de palabras máis galegas e enxebres como feitiño -que xuntou o 30% dos votos-, ou biodiversidade e mesmo dereitos humanos.

Cíbercarracho vén ser un ciberdelicuente, alguén que comete un acto delictivo através das novas tecnoloxías, que tanto abondan agora, estafas ás empresas e a particulares. Están, lamentablemente, á orde do día. Pero eu engadiría que hai tamén subespecies de cíbercarrachos (poderían ser cíbercarrachas), que tamén se multiplican con cada noticia ou información que se sube ás redes, tal carrachas. 

Son os que aproveitan os comentarios para insultar. Dalles igual que se fale da amnistía que do Rácing Vilalbés, eles meten o seu comentario as máis das veces para insultar a alguén que nada ten a ver co que se está mesmo a falar. As cíbercarrachas crávanse en todo o que se sube á arañeira. Calquera corpo de noticia sérvelles para comentar. Podémolos ver por milleiros todos os días. As cíbercarrachas aliméntanse diso.