Presentación en Xove do libro de Ramón Mariño Fernández

Lucía Rey
Lucía Rey XOVE / LA VOZ

A MARIÑA

De esquerda a dereita, o técnico de Cultura de Xove Mario Eijo, o profesor Bernardo Penabade; Ramón Mariño Fernández; a concelleira de Cultura, Dolores Meitín, e a voceira do PSdeG-PSOE, Rogelia Mariña.
De esquerda a dereita, o técnico de Cultura de Xove Mario Eijo, o profesor Bernardo Penabade; Ramón Mariño Fernández; a concelleira de Cultura, Dolores Meitín, e a voceira do PSdeG-PSOE, Rogelia Mariña. CEDIDA

Laiovento editou «Fanzines en Galicia. Unha breve e intensa historia da autoedición galega»

05 feb 2024 . Actualizado a las 12:34 h.

Con moita emoción presentou no seu Xove natal o xornalista, politólogo e investigador Ramón Mariño Fernández o libro «Fanzines en Galicia. Unha breve e intensa historia da autoedición galega», editado por Laiovento e que recolle, entre outros traballos, a tese doutoral dirixida polos profesores Luis Álvarez Pousa e Xosé Luis Barreiro. Na imaxe aparecen canda o autor o técnico de Cultura de Xove Mario Eijo, o profesor Bernardo Penabade, a concelleira de Cultura, Dolores Meitín, e a voceira do PSdeG-PSOE, Rogelia Mariña.