A trombonista Xiana Naval Chaves tocará o sábado 17 en Viveiro con Loita Amada, de Jásper

Lucía Rey
Lucía Rey VIVEIRO / LA VOZ

A MARIÑA

<span lang= gl >Xiana Naval Chaves (trombonista), en primeiro termo, cos demais músicos de Loita Amada, de Jásper</span>
Xiana Naval Chaves (trombonista), en primeiro termo, cos demais músicos de Loita Amada, de Jásper CEDIDA

O que fora líder de Nao presentará a súa nova proposta musical en El Garaje ás 22.00 horas

15 feb 2024 . Actualizado a las 17:33 h.

El Garaje, de Viveiro, acollerá este sábado, 17 de febreiro, a partir das 22.00 horas, un concerto de Loita Amada, un proxecto musical impulsado por Jásper, quen foi líder de Nao. Trátase do segundo concerto da xira por salas para presentar o seu segundo disco, que leva por título Rematou o simulacro. Un proxecto cun importante acento mariñano, xa que nel participa a trombonista viveirense Xiana Naval Chaves, de 27 anos, que tamén é membro de Brassica Rapa, unha brass band feminina que leva anos triunfando por toda Galicia.

As entradas para o concerto de Loita Amada pódense comprar de maneira anticipada, por dez euros, no Recuncho e en LAG. En billeteira custarán 14 euros. Neste novo traballo, Jásper «retorna ás súas orixes cun disco de rock, entendido desde moi diversas vertentes», como destacou Carlos Crespo nun artigo publicado polo suplemento Fugas, de La Voz, hai algo máis dun mes. Trátase de «nove cortes nos que conviven punk, grunge, metal e ata por un momento a música tradicional», engade. Na produción interviu Kaki Arkarazo, de Kortatu ou Negu Gorriak.