O grupo A Rebolaxe organiza este sábado, 23 de marzo, a oitava Foliada Nordestía en San Cibrao
A MARIÑA

O programa arrincará ás 12.00 horas con Cantos de Taberna polos diferentes locais
22 mar 2024 . Actualizado a las 20:36 h.A Rebolaxe ultima os preparativos da oitava Foliada Nordestía, que celebrará este sábado, 23 de marzo, en San Cibrao. A cita, na que colabora o Concello de Cervo, foi presentada pola alcaldesa, Dolores García Caramés; a tenente de alcaldesa, Mali Méndez, e membros da asociación organizadora. O programa é completo e variado, pensado para todos os públicos e desenvolverase na Praza dos Campos. Arrincará ás 12.00 horas con Cantos de Taberna polos diferentes locais de hostalería. Ás 15.00 horas está previsto un xantar popular e pola tarde haberá diferentes obradoiros. O broche de ouro da xornada chegará ás 21.30 horas, cando dará comezo o festival cos concertos de Brúa, Tanto nos ten e Banda Xangai. Pódese atopar máis información nas redes sociais.