Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

A gran festa do galego sigue sumando na comarca da Mariña este sábado, con presentacións, música, baile e un monólogo

y. g. VIVEIRO / LA VOZ

A MARIÑA

CEDIDA

18 may 2024 . Actualizado a las 11:25 h.

Varias citas das Letras Galegas 2024 están programadas para este sábado 18, prolongando así a celebración clave do venres 17. Son as seguintes, pero aínda quedarán máis ao longo de maio:

  • RIBADEO. Presentación da AC Francisco Lanza. Este sábado 18, ás 20.30 horas, no Teatro de Ribadeo, terá lugar a segunda entrega das actividades das Letras Galegas da AC Francisco Lanza: presentación da webserie Luisa Villalta. A rebelión da palabra, iniciativa da Real Academia Galega da que a ribadense Alba López Álvarez é guionista. A modo de adianto, o colectivo organiza unha excursión a Lugo para o vindeiro 2 de xuño, visitando o Cemiterio de San Froilán, o casco histórico e o Vello Cárcere (reservas por WhatsApp no número 649 631 903). Onte, sábado, repartiron caraveis a quenes mercaron libros escritos en galego.
  • VIVEIRO. Máis «Orgullo de ser». Dentro da axenda viveirense das Letras Galegas, este sábado continúa na cidade do Landro coas seguintes propostas: ás 12.00 «Cómo montar a túa banda de verán» con Xoán Curiel na biblioteca para menores de 7 a 11 anos de idade (reservas no 982 570 606), ás 12.30 pasarrúas por Covas de Amigos do Folk, ás 20.30 «Falemos coma galegas», de Migallas Teatro, no Pastor Díaz. Este domingo 19 prolongarase a festividade con máis música.
  • BURELA. Obradoiro de baile e foliada aberta. No centro social Xebra, en Burela, Iria Fernández (Asociación Fervenza) impartirá este sábado 18, ás 17.00 horas, un obradoiro de baile tradicional. A clase práctica dará paso a unha foliada aberta nas instalacións burelenses con agrupacións musicais da zona. Aparte de música e baile, haberá petiscos para todos.
  • CERVO. Enredada. Este sábado 18, a partir das 19.30 horas na Casa da Cultura cervense, tocará monólogo de Leti da Taberna.