«Orgullo de ser» ofrece pasarrúas en Celeiro este domingo con música de Espera que Vou Mexar
VIVEIRO / LA VOZ
A MARIÑA
É a programación das Letras Galegas do Concello de Viveiro que proseguirá este mes de maio con máis actividades como a obra de teatro Go home
18 may 2024 . Actualizado a las 14:29 h.Espera que Vou Mexar é o grupo que protagonizará un pasarrúas este domingo en Viveiro, co gallo das Letras Galegas. Ofrecerán música tradicional a partir das 12.30 horas polas rúas de Celeiro. A axenda das Letras Galegas viveirense continuará o vindeiro venres 24 coa obra de teatro Go home de Etiqueta Negra (20.30, Teatro Pastor Díaz; venta de entradas de luns a xoves no 982 560 162 de 9.00 a 14.00 ou no email rbg.cultura@viveiro.es, así como na billeteira antes da función) e o sábado 25 co obradoiro de balde chamado «Un libro e unha vaca» (12.00, Biblioteca Municipal; para menores de 6 a 10 anos; reservas no 982 570 606).