Tres nuevas opciones en la FP en Ribadeo, en animación sociocultural y turística, asistencia a la dirección y automoción
A MARIÑA
![Isidro Berdeal, director del CIFP Porta da Auga de Ribadeo](https://img.lavdg.com/sc/BXVDo7ZZBb7kmStE_Ui0SrRmTts=/480x/2024/06/24/00121719230341627693498/Foto/X23L8003.jpg)
El CIFP Porta da Auga aumenta su oferta formativa con novedosas propuestas, también en dual
25 jun 2024 . Actualizado a las 16:19 h.Tres son las novedades que presenta el Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) Porta da Auga, de Ribadeo, para el próximo curso escolar: los ciclos de grado superior en asistencia a la dirección (modalidad a distancia); en animación sociocultural y turística (en horario de tarde), y en automoción (dual intensiva, también en horario de tarde). El plazo de matrícula ya está abierto, hasta el 4 de julio. En el propio centro ribadense ofrecen asesoramiento para formalizar la inscripción.
«Para o vindeiro curso académico, 2024-2025, seguimos a ofertar ciclos formativos das especialidades de Administración, Edificación, Electricidade, Automoción e Servizos á Comunidade. En modalidade presencial pódense cursar ciclos básicos de Servizos administrativos e de Mantemento de vehículos; grados medios de Xestión Administrativa, Atención a persoas en situación de dependencia e Electromecánica de vehículos automóbiles; e ciclos superiores de Administración e finanzas, Educación infantil, Automoción e, como novidade, Animación sociocultural e turística, que se impartirá en horario de tarde, de 16:00 a 21:30 horas», manifestó el director del Porta da Auga, Isidro Berdeal.
Y añadió: «En modalidade a distancia seguimos a ofertar o ciclo medio de Xestión Administrativa e, como novidade, teremos tamén o ciclo superior de Asistencia á dirección, que, por exemplo, permite ao alumnado que xa teña cursado anteriormente o ciclo superior de Administración e finanzas sacar unha segunda titulación en só un curso académico. E en oferta modular presencial seguimos a ofertar o ciclo medio de Obras de interior, decoración e rehabilitación; e tamén o ciclo superior de Sistemas electrotécnicos e automatizados, ambos en horario de tarde, de 17:00 a 22:30 horas. Ademais, en modalidade dual o Porta da Auga continuará impartindo o ciclo medio de Instalacións eléctricas automáticas, en horario de mañá; e pola tarde, como novidade, oferta o ciclo superior de Automoción. E o CIFP ribadense volve contar cunha formación que foi novidade no curso pasado: de especialización de grao superior en Mantemento e seguridade de sistemas de vehículos híbridos e eléctricos, que permitirá ao alumnado especializarse neste tipo de automóbiles e que se imparte en horario de 17:00 a 21:30 horas».