Emotiva homenaxe ó mestre mariñán Enrique Penabad en Espasante

La Voz BARREIROS / LA VOZ

A MARIÑA

<span lang= gl >Enrique Penabad, con antigos alumnos e antigos membros de Gamelas e Anduriñas</span>
Enrique Penabad, con antigos alumnos e antigos membros de Gamelas e Anduriñas CEDIDA

Antigos alumnos e antigos membros do grupo Gamelas e Anduriñas, que fundou, organizaron unha cea

15 ago 2024 . Actualizado a las 14:24 h.

O mestre mariñán Enrique Penabad deixou unha fonda pegada no CEIP do Valadouro, no que deu clase durante 36 anos, dos que 35 foi director. Pero o mestre tamén é moi apreciado en Espasante, o pobo de Ortigueira onde comezou a súa traxectoria docente a principios dos anos oitenta. Concretamente, deu clase alí entre os anos 1980 e 1984. E foi alí donde acaba de ser obxecto dunha emotiva homenaxe na que participaron antigos alumnos e antigos membros do grupo Gamelas e Anduriñas, de música e baile tradicional, do que foi fundador no 1983. Organizáronlle unha cea no restaurante Orillamar á que tamén acudiu a súa muller, Marisol, que recorda aquela etapa con gran cariño. «Cada curso tiña unha clase de 25 nenos de 3, 4 e 5 anos», sorriu Penabad, que lembra como O Arco da Vella, a agrupación folclórica que dirixe en Barreiros, chegou a participar nun festival que se organizou daquela para recadar fondos para contribuír á construción dunha escola.