Xurxo Souto no ciclo «Palabras na varanda» que Ribadeo dedicou a Luisa Villalta

y. g. RIBADEO / LA VOZ

A MARIÑA

CEDIDA

16 nov 2024 . Actualizado a las 21:20 h.

A Agrupación Cultural Francisco Lanza de Ribadeo celebrou o ciclo «Palabras na varanda», coa presenza especial de Xurxo Souto e sendo unha actividade de lembranza a Luisa Villalta, quen aparece no libro Somos un país de artistas que foi presentado. O colectivo ribadense agradeceu a Souto «ese mar de anécdotas que foron coroando as súas distintas intervencións, pola música que lle puxo á noite, polo que nos fixo cantar e, sobre todo, polo que nos fixo aprezar o noso, a nosa lingua, a nosa cultura». Estivo acompañado por Alba López e tamén por Xermán Viluba e Emilio López, que trouxeron ao presente o coñecido «movemento bravú», cun himno propio ao que deu lectura Arturo Mogo.