En Viveiro buscan 40 nenos e nenas figurantes para as carrozas da Cabalgata de Reis

La Voz

A MARIÑA

XAIME RAMALLAL

De entre 6 e 12 anos, deben anotarse os días 26, 27 e 30

21 dic 2024 . Actualizado a las 15:31 h.

A Concellería de Cultura do Concello de Viveiro convoca aos veciños e ás veciñas co obxectivo de regular a súa participación como ‘figurantes' na Cabalgata de Reis o domingo día 5 de xaneiro. A inscrición está aberta a todos os nenos e nenas que, na data 1 de xaneiro de 2025, teñan unha idade comprendida entre os 6 e os 12 anos. O total de prazas para ir nas carroza é de 40 nenos e nenas. 

O inscrición poderase formalizar nos días 26, 27 e 30 de decembro de 9:00 a 14:00 horas. A folla de inscrición facilitarase no Teatro Pastor Díaz ou pódese solicitar tamén por correo electrónico no: rbg.cultura@viveiro.es. Os datos que se deben facilitar son: nome, apelidos e data de nacemento do neno ou nena; nome e apelidos da nai, pai ou representante legal do/a menor, e autorización da participación na cabalgata; teléfonos de contacto; correo electrónico; talla; e unha autorización de uso da imaxe. 

A folla cuberta entregarase no teatro Pastor Díaz e a recollida realizarase por orde de recepción das solicitudes debidamente cubertas. A cada unha delas asignaráselle correlativamente o seu número correspondente, pois a concesión das 40 prazas farase por estrita orde de recepción das solicitudes. Unha vez finalizada a adxudicación, comunicaráselles ás persoas interesadas a súa situación na Cabalgata, así como a información necesaria para que participen nela como o lugar, horario de presentación e horario e forma de recollida ó finalizar. 

Unha vez cubertas as prazas dispoñibles, crearase unha listaxe de agarda para cubrir as baixas ou as novas necesidades. Ademais, dende o Concello pídese que se unha persoa das admitidas non puidera participar na Cabalgata por razóns persoais, llo comunique ao concello antes do día 4 de xaneiro para que a súa baixa poida ser substituída. 

Os participantes terán que acudir o 5 de xaneiro ó punto de encontro con con leggins negros, calzado oscuro e camiseta térmica ou xersei de manga larga tamén negro. O vestiario será facilitado polo concello como préstamo gratuito