Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

Xavier Martínez Cobas: «Hai áreas galegas coma A Mariña que están penalizadas polas infraestructuras»

Yolanda García Ramos
yolanda garcía VIVEIRO / LA VOZ

A MARIÑA

Francisco Xavier Martínez Cobas en el último Foro Económico celebrado en Viveiro
Francisco Xavier Martínez Cobas en el último Foro Económico celebrado en Viveiro Xaime Ramallal

Cree que el debate sobre la eólica marina «nin sempre se quere ver nin abrir», que habría que buscar especies forestales con mayor rentabilidad y que el flujo turístico va a significar «presión»

09 ene 2025 . Actualizado a las 09:37 h.

En el último Foro Económico que se celebró en Viveiro, el profesor titular de Economía Financiera e Contabilidade de la Universidade de Vigo, Francisco Xavier Martínez Cobas, investigador en pequeña y mediana empresa, cooperación transfronteriza y capital intelectual, avanzaba una radiografía económica actual de Viveiro y A Mariña, en la que la espina dorsal es el mundo del mar y la pesca, subrayó en su análisis. El sector mariñano, dijo, también se ve influenciado por «os mundos da descarbonización, da dixitalización e a tendencia da xeopolítica global, afectando de forma distinta cada un deles». «No caso da pesca, pasa a ser relevante, e cada vez máis, ter unha capacidade de suministro de alimentación dentro de Europa» que, dijo, hay que garantizar pensando en el mañana, si la comunidad pierde «peso en caladeiros internacionais» dentro del contexto global descrito. «Teriamos _enfatizó Cobas_ que protexer a nosa capacidade pesqueira, pero entra en contraste con todo o que estamos vendo». Uno de los aspectos primordiales sería el medioambiental. Frente a las restricciones pesqueras comentó que se están presentando «usos alternativos» en el medio marino. «Se ao final avanza o Estado e hai proxectos de «eólica mariña» aquí... Digamos que hipotéticamente é así. ¿A quen vai beneficiar todo iso? É un debate que xa sucede coa eólica terrestre. Haberá que poñer os medios sociais e políticos que beneficien, porque sería colocar a infraestructura onde hoxe estás pescando e tes augas libres. Ese debate, nin sempre se quere ver nin abrir. Haberá que abrilo, sobre todo dende os afectados. Na situación da pesca, é certo que a xeopolítica conta, pero tamén que é un momento no que se fala dunha sostenibilidade triple, medioambiental, social e económica. Son as tres, non é só unha. Haberá que ver cómo conciliamos iso», argumentó. También abogó por alcanzar un «equilibrio» entre la capacidad productiva y la biológica del mar.

«Na situación da pesca, é certo que a xeopolítica conta, pero tamén que é un momento no que se fala dunha sostenibilidade triple, medioambiental, social e económica»

«Sigo convencido de que o que vai cambiar na propia actividade pesqueira é que o peixe fresco de calidade, ousexa a proteína mariña de calidade, empece a ser un producto de maior nivel que outras alternativas de alimentación, e que o que fagamos non teña que ver tanto con producir tanta cantidade senón con producir con calidade, e que paguen máis polo mesmo produto», señaló, añadiendo: «O sector vai seguir tendo actividade. E todo o que teña que ver coa cadea de valor, na pesca, vaino ter».

Con respecto a otro sector potente en A Mariña, el maderero, declaró que «a alternativa maior que temos, que é o máis común aquí, é prantar árbores que teñen un ciclo curto ou liquidez, (mellor 15 anos que 25, mellor 25 que 50). Hai unhas explotacións de eucalipto e piñeiro que van dar algo, pola venta de madeira. Incluso funciona como unha cartilla de aforros moitas veces nas familias. É así, en toda Galicia». Pero para sacarle más rentabilidad al monte, sostiene que habría que «plantexarse sair dese tipo de especies e ir a formas de plantación que dean máis por metro cúbico». Al mismo tiempo, subrayó que «hai moitas formas de tratar a madeira ou de crear un produto con ela, que sexa moito máis rendible».

«O vento é unha riqueza. E temos moito. O tema é a quen beneficia»

Sin olvidar la presencia de la energía eólica en el monte: «O vento é unha riqueza. E temos moito. O tema é a quen beneficia. Claro que temos que ir a un mundo eólico, descarbonizar e ter unha gran produción eólica, pero haberá que poñer na mesa que os concellos e as comunidades propietarias do monte terán que ter un beneficio diso. En Texas ninguén se plantexa que o dono das terras do petróleo non cobren por iso. Por que aquí non?».

Presión turística

A nivel turístico, en referencia a la modificación en el flujo de movimiento turístico en España, que se está incrementando con gran evidencia en la zona noroeste peninsular, con lo cuál, áreas que tuvieron un escaso desarrollo turístico ven como «que nos últimos veráns, e xa non só nos veráns, moita xente doutros sitios da península ibérica pense que no futuro non quere achicharrarse a 40 graos, senón estar nun sitio cómodo. Un sitio cómodo empeza a ser o noroeste». E indica: «Vai ser presión en todos os sentidos. Hai que cualificar e ter infraestructuras, pero temos un problema de comunicación na Mariña que é evidente. Hai varias áreas no mapa galego que creo que están penalizadas polas infraestructuras, e todo o eixo que vai de Ferrol ao enlace coa A-8. Está claro que son relevantes». Puso otro ejemplo, el de la zona de A Guarda.

 «Como en todos os momentos de cambio, temos desafíos e oportunidades»

«Como en todos os momentos de cambio, temos desafíos e oportunidades», concluyó Martínez Cobas. «Tes o turismo, recupera vivendas en todas as aldeas, rehabilita casas, tira do comercio... Tamén se pode facer ben, non coma no pasado. Podemos facelo moito mellor que antes porque hai sitios que xa non teñen solución, e outros si. Viveiro, por exemplo, ten un patrimonio histórico extraordinario, que é un potencial incuestionable. Unha cousa é o que temos, como o melloramos. Está pasando noutros lugares onde vemos, tanto en Europa como en España, investimentos grandes en centros de datos, novas tecnoloxías...». Martínez Cobas pone de ejemplo el cercano de Asturias: «Aquí ao lado, están montando un polo de industria de Defensa. Igual que en Córdoba, onde houbo unha decisión política. Estanse planteando tamén industrias de baterías en automoción». «Teremos que poñer os medios para pelexar polos investimentos que están sobre a mesa. Non ten unha explicación que algunhas das decisións que estamos vendo sexan noutro sitio e non aquí. Non se lle pode botar a culpa a que os xuíces teñan máis ou menos rigor», añade.

La situación de Alcoa

Un talón de Aquiles en la economía y el futuro de A Mariña muy presente es Alcoa: «No caso de Alcoa, é unha negociación. Que se fose Alcoa sería un golpe inequívoco. Unha vez tes infraestructura feita para o sector, nesta lóxica europea de ter recursos propios, pode, non digo que suceda, que no contexto actual para Alcoa sexa importante de producir aluminio básico porque ten moitos produtos non só de uso civil. Igual que xoga a favor agora a situación europea, xoga en contra o custe de enerxía. O problema non é só para Alcoa, senón para a industria electrointensiva europea».