O prestixioso músico cubano Alejandro Vargas ofrecerá este sábado un concerto íntimo na lareira de AlasRaíces, en Ourol

Lucía Rey
Lucía Rey OUROL / LA VOZ

A MARIÑA

<span lang= gl >Alejandro Vargas, en imaxe de arquivo</span>
Alejandro Vargas, en imaxe de arquivo cedida

Dará comezo ás oito da tarde e é preciso reservar posto que as prazas son limitada

13 ene 2025 . Actualizado a las 16:49 h.

Alejandro Vargas, prestixioso pianista de jazz e músico cubano, ofrecerá este sábado, 18 de xaneiro, ás 20.00 horas, un concerto íntimo na larera de AlasRaíces, en Xerdiz, Ourol. Vargas, nacido na cidade de Holguín, na illa caribeña, en 1980, gañou diferentes premios, tanto no seu país natal, como en Europa e Estados Unidos. Comezou os estudos de música con 6 anos e graduouse na especialidade de pianista concertista na Universidad de Artes de La Habana. Entre outros, logrou varios primeiros premios en certames de jazz para mozos e adultos en Cuba. No 2013 obtivo o Premio Especial no certame Cubadisco con Miniaturas de Eugenio Granell, música revelada

Viaxou a Galicia no 2009 como director musical do proxecto «Descarga ao vivo», promovido por Central Folque, e que deu lugar a un cedé e a un deuvedé que recolle todo o material musical e audiovisual deste proxecto de encontro musical Cuba-Galicia. 

No 2010 gravou o disco «Oceanía», cos músicos José Manuel Díaz, contrabaixo, e Raciel Jiménez, batería. 

Actualmente desenvolve un intenso traballo sobre a improvisación libre e o «free jazz». Actualmente reside en Santiago de Compostela, e o seu traballo musical recrea ambientes do minimalismo, o orientalismo, a improvación libre e o jazz. 

«Unha noite única para gozar do seu talento nun ambiente acolledor», destacan desde AlasRaíces. As prazas para o concerto son limitadas e é preciso reservar no 627 493 252.