Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

Natalia Blanco Pérez, fotógrafa barreirense: «Non sabía que a tradición fotográfica viña tan atrás na miña familia»

Yolanda García Ramos
yolanda garcía BARREIROS / LA VOZ

A MARIÑA

ESTUDIO NATALIA BLANCO FOTOGRAFÍA

Tiene un estudio propio en San Cosme de Barreiros y acaba de descubrir que un primo de su abuelo se dedicó también al oficio hace mucho tiempo llegando a ser pionero en el sector desde la parroquia de Vilamartín Pequeno

30 ene 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Natalia Blanco Pérez, fotógrafa barreirense (Vilamartín Grande, 1984) atesora una anécdota reciente en su historia familiar que la ha dejado impresionada. Descubrió que un antepasado suyo, Balbino Pérez, primo de su abuelo, fue fotógrafo y con él nació el primer laboratorio fotográfico de la parroquia, abriendo otro posteriormente otro en Ribadeo, «onde estivo moitos anos», señala. «Quen mo contou, ainda estes días, acordábase de como fora evolucionando e como fora perdendo ao ir maior e ir aparecendo ordenadores e a xente xa non revelaba tanto, pero foi pioneiro, tanto que xa hai motísimos anos facía viaxes a Kodak e pasaba semanas en Barcelona, cando daquela non era algo habitual. Falamos dunha época que nada ten que ver coa de agora». La vida se muestra cíclica porque ella retomó el año pasado, precisamente, su ocupación inicial, pues había estudiado Fotografía Artística hace 15 años, en una época en la que aún la analógica estaba dando paso a la digital: «Había pinceladas. Ensináronnos unha cámara dixital pero as que tiñamos eran analóxicas con carrete e faciamos probas nun laboratorio 'de toda la vida' . Casualidades da vida, cando acabei xusto de estudar e de facer o proxecto final saiume un traballo que me apeteceu e que me permitía independizarme daquela, deixando a fotografía de lado, ata 15 anos despois. Ata agora». «Non me arrepinto porque a vida dá moitas voltas e mira onde estou agora», apunta.

«Non me arrepinto porque a vida dá moitas voltas e mira onde estou agora»

A su negocio le llama Estudio Natalia Blanco Fotografía. Está en el centro de San Cosme.  El primer paso para emprender realmente fue en pandemia: «Pasaba moitas horas nun ordenador. Un día, en redes sociais, unha rapaza asturiana que facía fotografía de recén nacido chamoume moito a atención, pero dun xeito diferente ao que estamos acostumados. Era unha fotografía de recén nacido moi natural, sen moito adorno nin moito pasado, a diferenza do que estamos acostumados a ver. Descubrín que ela, aparte de fotógrafa, era matrona. Formeime con ela durante a pandemia, porque neste tipo de fotografía traballando cun recén nacido de seis ou oito días nas túas mans, non é só controlar de técnica fotográfica. A partir de aí, foron xurdindo cursos. Ademais, estaba un pouco obsoleta. Ao estudar fotografía analóxica no mundo dixital vinme un pouco perdida. Aí xurdiu todo».

ESTUDIO NATALIA BLANCO FOTOGRAFÍA

La fotografía denominada new born sigue en auge y considera Natalia Blanco que es su motivación profesional. «En realidade, empecei na casa. Naquel momento necesitaba practicar, e se coñecía a alguén que ía a dar a luz preguntáballe se me deixaba facer a fotografía do bebé e por aí empezou. En realidade é o que me gusta, móveme a promocionar e facer outras sesións de maternidade, embarazo e recén nacido. As familias acabanme pedindo tamén as fotos do bautizo, do primeiro cumpreanos, de familia porque o bebé empeza a gatear... Unha cousa leva a outra pero ao final móvese todo na fotografía infantil». «Facer recén nacido é o que máis me gusta. Ademáis, fun unha mamá que vivín de forma moi animal o tema da maternidade. Incluso empecei dende o ano pasado a facer fotografía de lactancia porque foi algo que tamén vivín eu a nivel personal e pesoume non haber buscado quen me fixera fotografías do meu fillo mamando. A verdade é que tivo moi boa acollida porque era algo que non se fai tanto por aquí, non sei se por outras zonas», añade. En febrero, prevé presentar la campaña de comuniones de 2025. «Os nenos van medrando e voume adaptando ao que me pidan as familias», comenta.

ESTUDIO NATALIA BLANCO FOTOGRAFÍA

Nuevos proyectos ya están en la mente de la barreirense como uno del que se muestra muy animada a llevarlo a cabo: «É a fotografía das primeiras 48 do teu bebé que realizarei no hospital, na habitación. É un proxecto no que me estou preparando e formando. É unha fotografía moi documental, que amosa o que se ve. Aí si que non hai posado de ningún tipo, é algo superbonito, moi emotivo e que creo que se fai na zona. Xa me tarda poder empezar».

El antepasado que la inspiró sin saberlo a encaminar su futuro hacia la fotografía

Natalia Blanco (cuenta en Instagram @nataliblancofotografia) supo hace muy poco de la existencia de ese familiar que también se dedicó a la fotografía, a raiz, cuenta, del calendario municipal de 2025 del Concello de Barreiros compuesto por fotografías antiguas de negocios y profesiones en el ámbito local. Una de ellas ponía Laboratorio Fotográfico Villamartín Pequeno. «Efectivamente _señala ella_ a persoa que saía na foto, que personalmente non coñecín porque non sei de que ano é pero é bastante antiga, púxenme a indagar e foi da miña familia, coa que tiña relación ainda que non sei cal era o parentesco. Foi algo que me sorprendeu gratamente. Quero dicir, non estudei fotografía porque alguén da miña familia fose fotógrafo, eu non o sabía. Foi unha casualidade. Incluso emocionoume un pouco descubrilo». «Todo vén na mesma liña familiar, por dicilo así. Había un fotógrafo do que eu si sabía, que anos despois un fillo montara un estudo fotográfico en Ribadeo, que era Foto Pérez. Se me poño a investigar, chegaría a saber de detalles exactos. O que eu non sabía é que viña tan atrás a tradición fotográfica na miña familia. A persona que saía no calendario, que tiña un laboratorio de fotografía en Vilamartín Pequeno, cando empezou a existir o revelado, contáronme hai un intre que tiña exclusividade de revelado en Galicia e Asturias, que lle viña o material en transporte, en bus. Quedei alucinada! Non o sabía!», comenta.

«Unha historia que me deixou alucinada»

Incluso en relación con ese capítulo familiar hay una anécdota, que también Natalia Blanco acaba de descubrir: «Como cando empezou a fotografía non existían os flashes. Ese señor, non sei que produtos químicos mesturaba, pero facía como unha pequena explosión. Parece ser que fotografando no baile en Vilamar estoupoulle e queríanlle cortar a man. Grazas a outro familiar que estaba alí, levárono a un médico e conseguiron que só lle cortaran a punta dos dedos porque se lle cortaran a man non podería seguir coa fotografía. Ao final, seguiu con ela sen a parte de diante de tres ou catro dedos. É unha historia que me deixou alucinada e pareceume superapaixoante»