
A organización destaca que os asistentes poderán comer no lugar un menú con callos, bebida e postre por 18 euros
16 mar 2025 . Actualizado a las 19:32 h.O campo da festa de Negradas, no Vicedo, acollerá o próximo 29 de marzo o primeiro Serán Os do 21. A actividade lúdica dará comezo ás doce do mediodía. A organización destaca que os asistentes poden comer no lugar un menú que inclúe ración de callos, bebida e postre por 18 euros. Os interesados poden inscribirse no número de teléfono 616 762 659 ou mercar os tiques nos establecementos do Vicedo.
Obradoiro de baile
Pola tarde, a partir das 16.30 horas, dará comezo un obradoiro de baile a cargo de Os Carecos. Ó longo de toda a xornada haberá diferentes sorteos. Organización a ARC (asociación recreativa e cultural) Os do 21, en colaboración co Concello do Vicedo, a Deputación de Lugo e a Asociación de Veciños de San Miguel das Negradas.