Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

O Valadouro prepara un sábado grande co seu Mercado de Primavera con actividades e música toda a xornada

La Voz

A MARIÑA

PEPA LOSADA

Haberá música na rúa con Dambara, Amado Lar, Noroeste, Os Caliqueños, Festicultores e Los Támega e concertos de Abóbriga e Nimbos coa colaboración da Xunta

18 mar 2025 . Actualizado a las 18:25 h.

A Xunta colabora co XIX Mercado de Primavera do Valadouro, celebración prevista para este sábado 22 de marzo. A Delegación Territorial de Lugo acolleu este martes a presentación do programa coa participación do delegado territorial, Javier Arias, e o alcalde, José Manuel Lamela.

O Mercado de Primavera comezará ás 10,00 horas coa apertura dos postos do mercado. Durante todo o día ofrécese unha ampla proposta de actividades, como demostracións de oficios tradicionais, un desfile de zocas e vestimenta, un concurso de carros decorados, unha ruta de tapas polos locais de hostalería, animación musical e actividades para os máis pequenos. Será unha xornada de sábado completa e chea de actividades en Ferreira.

Haberá música na rúa con Dambara, Amado Lar, Noroeste, Os Caliqueños, Festicultores e Los Támega. Ademais, a praza de Santa María albergará os concertos de Abóbriga e Nimbos.