A Xunta prohíbe desde mañá, mércores, as queimas agrícolas e forestais por particulares

La Voz

A MARIÑA

CEDIDA

Está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085 en caso de detectar algún lume

18 mar 2025 . Actualizado a las 12:56 h.

A partir de mañá, mércores 19 de marzo, quedarán prohibidas as queimas de restos agrícolas e forestais realizadas por particulares en Galicia ata novo aviso. Isto implica que non se darán máis permisos e os xa concedidos quedarán en suspenso a partir do mércores. «Quedan excluídas desta prohibición as queimas controladas que executa o Servizo de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais debidamente planificadas e dispoñendo dos medios de extinción precisos», precisa a Xunta.

«A decisión tomouse tras avaliar a evolución da situación meteorolóxica e unha vez analizados polo miúdo os diferentes indicadores técnicos que inciden no risco de lume», precisan. 

A Consellería do Medio Rural pide a colaboración da cidadanía para que extreme as precaucións «e denuncie calquera actividade delituosa incendiaria da que teña coñecemento, dado que desde este xoves e ata novo aviso non está permitido o uso do lume para ningunha actividade agrícola e forestal para particulares».

Ademais, a Consellería lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.