
A Asociación Cultural Campaneiros de Galicia guiará un percorrido polo claustro de San Francisco e as igrexas do casco histórico desde as 11.30 horas
21 mar 2025 . Actualizado a las 17:48 h.«As campás de Viveiro, o noso patrimonio inmaterial» é o título da xornada que acollerá este sábado, 22 de marzo, Viveiro dentro do programa de difusión cultural Adral, previo á Semana Santa e que organizada a Xunta de Cofradías. A cita dará comezo ás 11.30 horas no claustro da igrexa de San Francisco e será ofrecida en colaboración coa Asociación Cultural Campaneiros de Galicia, que guiará un percorrido polas igrexas do casco histórico.
Durante a xornada, membros do colectivo ofrecerán explicacións sobre as campanas ou nos toques nos campanarios, en cuxo toque final se diferenciaba se tocaban a morto, e se o finado era un home, unha muller ou mesmo un neno («anxeliño»). Participarán persoas de Viveiro relacionadas co tema, e especialmente rapaces que empezan a controlar estes menesteres en festividades solemnes coma o Corpus.