Non todos somos iguais

María Loureiro

A MARIÑA

PEPA LOSADA

22 mar 2025 . Actualizado a las 12:34 h.

O pasado 7 de Marzo no pleno muncipal onde se debatiu a moción de censura que me destituiu como alcaldesa dixen na miña intervención que Viveiro é o terceiro concello máis grande da provincia de Lugo e que necesitaba o apoio e interés de todas as administracións.  

Ante o anuncio de Portos de Galicia e o.Concello de Viveiro sobre a humanización da explanada do muelle de Viveiro e rehabilitación da casa do guarda muelles, alégrome enormemente, porque era necesario. Pero sí que quero deixar claro e explicar como.actuou a Xunta de Galicia, neste caso Portos, con nosoutros .  

Levamos anos demandando que humanicen esa zona, meses esperando que nos recibiran para falar sobre este tema, sempre se nos dixo que non había cartos, que nos cedían a explanada así como.estaba e que a arranxara o concello. Que Portos íase dedicar solo aos portos pesqueiros, e que non ían facer nada. A última vez foi na reunión en Santiago en outubro de 2024.  

Agora anuncian 15 días despois do nomeamento da nova alcaldesa o que van facer. Xa a recibiron dous días despois de tomar posesión. É indignante que unha administración como é a Xunta de Galicia ningunease e tivese bloqueado ao Concello de Viveiro durante máis de 15 anos polo feito de non ser da mesma cor política. Isto é un ataque á democracia e aos veciños de Viveiro. 

Que non se queira facer ver que os anteriores gobernos non se moveron nin pediron nada porque eso é mentira, aí está a hemeroteca para rebatilo e os escritos oficias que se enviaron dende o Concello. Cando a alcaldesa di que vai recuperar as relacións intitucionais está faltando á verdade, o Concello de Viveiro sempre tivo boa relación coas administracións, o único é que para o presidente da Xunta de Galicia e algúns conselleiros, Viveiro non estaba na súa prioridade. E a actual alcaldesa en diferentes cargos políticos así o permitía.  

E o último desprecio ao Concello era que cando viña alguén para temas relacionados con Viveiro dalgunha Consellería ou incluso o presidente de Portos de Galicia a alcaldesa tiña que ir á delegación da Consellería de Pesca onde tamén estaba presente Mariña Gueimunde.  

Agora nin chaman e si se acercan ata o Concello.  

Que xulguen os veciños e veciñas de Viveiro. Porque non todos somos iguais 

* María Loureiro García. Exalcadesa de Viveiro. Portavoz do PsdG-PSOE na corporación do Concello de Viveiro.