Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

«A falta de médicos non a inventamos nós, este luns non houbo ningún médico no centro de saúde de Foz con 10.000 veciños»

La Voz

A MARIÑA

ALBERTO LÓPEZ

O deputado Daniel García volveu incidir neste problema no pleno da Deputación

26 mar 2025 . Actualizado a las 10:01 h.

A falta de persoal e de recursos na sanidade pública centrou o debate no pleno da Deputación Provincial de Lugo. O deputado Daniel García, do BNG, volveu denunciar esta situación e puxo como exemplo Foz: «O centro de saúde de Foz estivo este luns sen ningún médico, un concello de 10.000 habitantes; a falta de médicos non a inventamos nós, é unha vergoña».

Especial atención no pleno tivo a situación na Mariña onde o domingo houbo unha manifestación. Daniel García destacou «o éxito da mobilización con 5.000 persoas, fronte á intención do PP de silenciar e ocultar a situación». 

No pleno da Deputación aprobouse unha moción dos nacionalistas  en apoio á mobilización convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública o 6 de abril en Compostela. Daniel García criticou que os populares asistisen «a unha comida o pasado domingo en Viveiro e non á manifestación pola sanidade».