
Polo seu disco Basal
27 mar 2025 . Actualizado a las 18:23 h.A Pedreira, nome artístico de Ugía Pedreira, é a cantautora mariñá, natural de Vilaronte en Foz, que vén de ser nominada como finalista nos premios Min polo seu álbum en galego Basal o seu proxecto musical especial que xa foi presentado pola contorna. Defínese «como amante profunda e leal das súas amizades». «Vivo coa crenza da arte como saúde», engade. «Basal _di_ é un proxecto cargado de sorpresas». En redes sociais, ante a noticia, deu as grazas a «Raso e sobre todo á xente que vides aos concertos e me escribides nas redes. Ao Recanto do Corcovado, programa de radio desde Islandia feito por Lois Atanes, que considerou Basal como melhor álbum galego do 2024 e á revista Diariofolk que o puxo entre os os 20 mellores de España», sinala.