Día número 11 ya de protestas del personal sanitario del Hospital da Mariña en demanda de más medios

La Voz

A MARIÑA

Pepa Losada

Este viernes por la mañana volvieron a concentrarse y a leer un manifiesto ante el centro, en Burela

25 abr 2025 . Actualizado a las 13:13 h.

Personal sanitario del Hospital Público da Mariña protagonizó este viernes por la mañana su día número 11 ya de protesta ante el centro en demanda de más medios. «Hoxe é o día día 11 de concentracións para denunciar as carencias dun hospital incapaz de cubrir as necesidades sanitarias da veciñanza da comarca. Ás protestas diarias súmase persoal sanitario de todas as categorías, mais tamén usuarias e usuarios que reclaman unha sanidade pública de calidade e de proximidade na Mariña e para a Mariña», señalan.

«A Xunta de Persoal, que convoca as concentracións -añaden-, denuncia que malia haber camas baleiras no Hospital de Burela, a falta de persoal médico obriga a ingresar pacientes en Lugo, co trastorno que isto implica tanto para as persoas doentes como para a súas familias. Xunto a isto, advertimos que moitas consultas se atopan reducidas ou incluso pechadas, polo que o número de doantes en lista de agarda non fai máis que medrar xerando un abandono absoluto no seguimento destas persoas. Moitos dos seguimentos que se deberan facer de xeito ambulante rematan xerando ingresos pola falta de citas regradas nas consultas externas».

En la concentración de este viernes explicaban que «despois das das continuas reclamacións á dirección, a orde verbal foi de derivación directa de todas e todos os pacientes da área médica subsidiarios de ingreso ao HULA. Un traslado ao que se negan moitas das persoas doentes por motivos familiares, imposibilidade de coidados tan lonxe do seu domicilio ou simplemente por esixir quedar ingresadas no seu hospital de referencia no que teñen dereito».

Criticaron en otro momento «que se fan derivacións a centros públicos e privados para a realización de probas complementarias “que poderían ser realizadas no noso centro se estivese dotado dos recursos humanos necesarios. Neste senso, entendemos que non é a persoa doente quen debe trasladarse a outro hospital diferente do seu, senón que a administración pública ten que garantir que se cumpran os dereitos das persoas doentes».