
Será ás 19.30 horas no salón do Cenima
25 abr 2025 . Actualizado a las 21:54 h.A Federación do Comercio de A Mariña convoca ao empresariado da comarca a unha asemblea xeral, que terá lugar o vindeiro luns, 28 de abril, ás 19:30 horas no Cenima, en Foz. No acto intervirán: José Carlos Paleo, tesoureiro na actualidade e ex presidente da Mariña Federación; Beatriz Irigoyen, asesora da FCAM; e Carmen Cruzado, presidenta da FCAM. Os tres explicarán a traxectoria da FCAM desde a súa posta en marcha, o traballo desenvolvido ao longo destes anos e os proxectos nos que está a traballar na actualidade para contribuír á dinamización económica da comarca e das súas empresas.
Cruzado Iglesias lembra que «o obxectivo desta xuntanza é que sirva de punto de encontro para sumar a todas as asociacións de comerciantes e hostaleiros da Mariña e tamén aos colectivos do ámbito turístico ao noso proxecto. Tamén queremos contar con aquelas empresas e/ou establecementos dos municipios nos que non existan colectivos ou asociacións para que saiban que na FCAM tod@s temos cabida en grupo ou de xeito individual e particular». Desde a FCAM convidan a asistir a este encontro.