Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

«Hai mala fe do concello porque os cartos para a nova furgoneta do clube de remo de Ribadeo, 40.000 euros, deunos a área de Mocidade da Deputación»

La Voz

A MARIÑA

ALBERTO LÓPEZ

«Aprópiase neste caso da xestión e do traballo do clube de remo», critican desde a Deputación de Lugo

25 abr 2025 . Actualizado a las 21:44 h.

A área de Mocidade da Deputación de Lugo critica ao Concello de Ribadeo por «apropiarse» da xestión entre o club de remo local e a Deputación para a compra dunha furgoneta nova por 54.000 euros. Así o explican: «En relación coa información emitida polo Concello de Ribadeo sobre a adquisición dunha furgoneta por parte do Club de Remo de Ribadeo, desde a Vicepresidencia da Deputación de Lugo queremos trasladar as seguintes aclaracións: O pasado 1 de abril, a área de Mocidade asinou un convenio de colaboración co Club de Remo de Ribadeo para a adquisición dunha furgoneta. Segundo o expediente, o importe do proxecto de compra da furgoneta é de 54.289,16€, dos que 40.000 son financiados pola área de Mocidade e 14.289,16 polo Club de Remo, con fondos propios».

«O convenio da área de Mocidade estableceuse co Club de Remo da Ribadeo, que foi quen trasladou esta necesidade á institución provincial en reunións e encontros mantidos ao longo dos meses de decembro e xaneiro co deputado Daniel García, sen mediación algunha por parte do Concello de Ribadeo. Lamentamos que o goberno municipal de Ribadeo actúe unha vez máis con mala fe na súa relación coa Deputación de Lugo, apropiándose ademais, neste caso, da xestión e do traballo realizado polo Club de Remo de Ribadeo. Solicitamos ao goberno municipal de Ribadeo un compromiso real co respecto e a colaboración institucional», sinalan desde a área de Mocidade que dirixe Daniel García.