
O venres pasado asistimos a un acto de apropiación do esforzo e do traballo realizado por outros. E quen comete ese acto é o alcalde de Ribadeo empregando, coma sempre, as mentiras e artimañas ás que nos ten xa tan afeitos.
Mente cando pretende facer ver que existe un convenio de colaboración promovido polo Concello coa Deputación de Lugo para pagar a furgoneta do Clube de Remo.
O único convenio que existe a día de hoxe é o establecido entre o Clube de Remo de Ribadeo e a Área de Mocidade da Deputación de Lugo polo que esta achega 40.000 € do total de 54.289 € que custa o vehículo. Un convenio aprobado o pasado 11 de abril na xunta de goberno da Deputación de Lugo en base ás necesidades trasladadas polo clube deportivo ao Deputado Provincial Daniel Garcia e ao grupo municipal do BNG de Ribadeo, e no que se leva traballando desde o mes de decembro de 2024.
Desde ese mesmo momento (decembro de 2024) trasladóuselle ao Concello de Ribadeo, en diferentes ocasións, a posibilidade de participar na financiación da furgoneta pero, por desgraza, as únicas respostas recibidas por parte do alcalde son excusas de mal pagador.
E agora prentende colgarse medallas que non lle corresponden. E faino con mentiras e cunha falta de respeto que resulta abafante. Sin ter en conta que é a Deputación de Lugo, concretamente a través das áreas de Deportes, Mocidade, Medio Rural e Cultura, a administración que máis recursos aporta aos clubes deportivos de Ribadeo para o seu funcionamento.
Sr. Vega, a cousa está ben clara: a día de hoxe a Deputación de Lugo é a única administración pública que realiza unha aportación para a compra da furgoneta do Clube de Remo; concretamente 40.000 €. E mentras tanto, o Concello de Ribadeo con vostede ao frente tan só aporta o “aire das rodas”.
A estas alturas xa parecía que nada nos podía sorprender pero esta apropiación do traballo doutros resulta inaceptable nun cargo público do que se agarda que teña un comportamento exemplar.
Unha vez máis, dicímolo ben alto: Ribadeo merece máis!!!!
Fdo. Pablo Vizoso Galdo. Portavoz do Grupo Minicipal do BNG de Ribadeo. (Na imaxe con Ana Pontón).