La mujer más fuerte de España, la focense Rosalía Veiga, explicó lo que significa levantar 212,5 kilos de peso
A MARIÑA

La joven deportista de Foz es campeona de España de powerlifting; habló de su especialidad en la Academia Imdecum, en Burela
26 abr 2025 . Actualizado a las 15:43 h.El Aula de Usos Múltiples del IES Monte Castelo de Burela, y también el Pabellón Municipal Vista Alegre acogieron las Xornadas Formativas de Academia Imdecum con una invitada especial, la focense Rosalía Veiga, campeona de España de powerlifting. Habló a los jóvenes de su especialidad y lo que significa levantar 212,5 kilos de peso, más allá de la fuerza.
«As xornadas -explican desde Imdecum- desenroláronse ao longo de case 2 horas, comezando no IES Monte Castelo cunha charla introductoria da deportista, co representativo título de “Máis aló da forza; o que significa levantar 212,5kg”, na que contou aos numerosos asistentes que acudiron as súas experiencias tanto en competición coma fora dela, dende pequena ata o día de hoxe. Como chegou a practicar powerlifting e por que, nun discurso moi interesante no que nos explicou tamén o significado dun deporte bastante descoñecido aínda que en auxe, facendo fincapé nas moitas trabas e dificultades que se encontran as mulleres no ámbito deportivo, a maioría, baseados en estereotipos».
«Posteriormente pasamos ao ximnasio do Pavillón Municipal Vista Alegre de Burela onde nos ensinou as técnicas do powerlifting e onde finalmente moitos dos asistentes, moi interesados, se “engancharon” probando a superarse co levantamento de peso», indicaron.
Las jornadas de la Academia Imdecum continuarán: «Coa colaboración principal da Deputación de Lugo, xunto a IES Monte Castelo e Concello de Burela, e nesta segunda xornada, tamén co CD Burela FS, continuarán as sesións formativas a semana que vén, esta vez sobre fútbol sala, con Ignacio García Castro, “Nacho García”, segundo adestrador do equipo senior masculino do CD Burela FS, que nos presentará “Fútbol Sala: a condición física a través do xogo” o mércores 30 de abril ás 16.00h no Pavillón Monte Castelo de Burela».