Jesusa Veiga, de 105 anos, a veciña da Pontenova de maior idade máis festeira

Lucía Rey
lucía rey A PONTENOVA / LA VOZ

A PONTENOVA

CEDIDA

Case 300 maiores participaron na comida de confraternización organizada polo Concello

26 oct 2019 . Actualizado a las 21:24 h.

Seguir facendo anos cando a saúde acompaña é un regalo. Por iso Jesusa Fernández Veiga, veciña da Pontenova, ten moito que celebrar, posto que con 105 anos (naceu no 1914) tivo ánimo e forza para participar na comida de confraternización aos maiores da vila que organizou o Concello, e na que participaron cerca de trescentos maiores. O pavillón polideportivo, situado nas inmediacións do colexio, acolleu esta festa, na que tamén foi homenaxeado Alfredo Veiga Mourelle, veciño da avenida de Vilaoudrid e home moi apreciado,e que o vindeiro 25 de decembro fará 91 anos. «Jesusa e Alfredo son o verdadeiro exemplo de que as veciñas e os veciños da Pontenova merecen unha homenaxe, unha pensión digna, e por suposto unha residencia pública da que gozar e na que poder vivir», destacou o alcalde, Darío Campos, para quen citas coma esta «poñen en valor o sacrificio que fixeron os nosos maiores ao longo de toda a súa vida».