O festival Mariña Inmaterial pón en valor o patrimonio na comarca e arranca mañá en Barreiros

La Voz BARREIROS / LA VOZ

BARREIROS

Presentación do festival
Presentación do festival Cedida

Contempla cinco actos en lugares singulares polos mitos ou lendas

27 jun 2023 . Actualizado a las 16:54 h.

Este mércores 28 a Punta do Castro, en Barreiros, acollerá a primeira xornada do festival Mariña Inmaterial, que foi presentado polo director de Agadic, Jacobo Sutil; a directora de proxectos de Ouvirmos, Irene Sineiro, e as alcaldesas de Cervo, Barreiros e O Valadouro, a concelleira de Cultura de Xove e representantes de Mariña Patrimonio. O obxectivo é rescatar da memoria os lugares coa fin de divulgar e actualizar o rico patrimonio inmaterial. O antropólogo, presidente da Sociedade Antropolóxica Galega, vicepresidente da Asociación Galega de Antropoloxía Social e Cultural e coñecido divulgador, Rafa Quintía, leva meses seguindo as pistas do patrimonio inmaterial da Mariña.

Cada evento presentarase con monólogo seguido dunha acción artística. Todos os espectáculos contarán con Quintía, con intérprete en lingua de signos e comezarán ás 21.00 horas.

Actos

Mañá será en Barreiros, con A Fábula e Os Monicreques de Ton Arenas Mircromina; en Alfoz-O Valadouro, a capela de Santa Filomena do Cadramón recibirá o 30 un acto sobre ritos de fertilidade e de Cello&Electronics (Margarida Mariño-Cellist); as ruínas de San Tirso de Portocelo (Xove) acollerán o 27 de xullo o acto de Barca de pedra e gaita e acordeón co dúo BellónMaceiras; a capela de Santa Eufemia de Trasbar, en Cervo, será o 28 de xullo o escenario do Mito Cristián e dunha videocreación de Sabela Eiriz, e no Marco da Pena Verde (Trabada) será o 26 de agosto o acto sobre megalitismo con danza contemporánea con Rut Balbís e Verónica Moar.