
A artista ofrecerá este sábado en Burela (Casa da Cultura, 21.30 horas) concerto dentro das festas patronais
24 may 2018 . Actualizado a las 05:00 h.Achéganse días de ledicia e celebración en Burela, marcados polas festas patronais. E dentro do seu programa, así como da axenda da concellalía de Cultura nesta temporada, unha cita do máis agardada. Ela é toda dozura para os ouvidos, como demostrou tanto na súa etapa sendo a gran voz de Luar na Lubre como, dende 2005, en solitario. Rosa Cedrón (Monforte, 1972) actuará na Casa da Cultura de Burela.
?Lembro a Luar na Lubre actuando na Mariña pero a Rosa Cedrón en solitario non tanto. Primeiro concerto soa aquí?
?Creo que si. Todo ten un principio e os meus no eido da música foron con Luar na Lubre. Foron nove anos de experiencias, viaxes, historias moi chulas... Ata o 2005 que empecei en solitario.
?Por algún tipo de «crise»?
?Crise case vital, ao levar xa nove anos o proxecto doutra persoa, que é de Bieito Romero, o proxecto de vida del. No meu caso, e a moitos compañeiras, pasoulles igual. Chega un momento no que vas aprendendo no escenario e empeza a xurdir unha necesidade de expresarse por un mesmo, desenrolar un proxecto propio, etc... Aínda que é un risco porque te está expoñendo ti soa.
?En Luar na Lubre ao ser a voz, tamén había bastante exposición.
?Eres a imaxe, é verdade. Se lle parten a cara a alguén pártenlla ao cantante (sorrí).
?Non lle pasaría tal cousa, non?
?A min non, por Deus! Sempre tiven sorte coa xente, recibín moito agarimo. Cada cousa para o que é, pero este é outro tipo de exposición, máis a nivel interior, emocional, sentimental.
?Como unha operación a corazón aberto, verdade?
?Si, desangrándote...
?Espida entre comiñas.
?Espida entre comiñas e non tanto entrecomiñada. Antonio Calvo, estilista e encargado de facer a sesión de fotos, díxome ‘quero unha Rosa espida’ [así saíu na portada de Nada que perder].
?Como será este concerto?
?Tal e como nos estamos plantexando agora, moi emocional, moi de sentir, de compartir. Estamos enriba do escenario pero sempre moi achegados á xente, á que fago participar, cantar. É como unha especie de viaxe pola historia que levo de 20 anos nos escenarios. Vai ser un percorrido.
?Incluirá temas míticos, pero cal deles sería o «top»?
?Hai moitos... pero nunca marcho do escenario sen cantar Camariñas. A veces pasa que se establece moi bo rollo coa xente e intento que participe o máis posible. En Coles alguén berrou ‘Lelaaaa!!!’. Aínda que non a tiña preparada, canteina a capella coa xente. Todos xuntos...
?Quen sabe, quizás Burela lle sirva de inspiración a un tema.
?Declárome fanática do mar. Hai dúas cousas que sempre están presentes: a lúa e o mar. Para min simbolizan a nivel vital.