![Ciclo Superior de Química e Saúde Ambiental en el Monte Castelo](https://img.lavdg.com/sc/nF8Z7OEtnPZrmXWX2LOcXBA90YE=/480x/2024/07/01/00121719785581476338724/Foto/X_20231005_121844000.jpg)
Son o o ciclo medio de Coidados Auxiliares de Enfermería e o Ciclo Superior de Química e Saúde Ambiental
01 jul 2024 . Actualizado a las 05:00 h.O IES Monte Castelo de Burela abre unha nova porta laboral ó seu alumnado coa impartición de dous novos ciclos duais, o ciclo medio de Coidados Auxiliares de Enfermería e o Ciclo Superior de Química e Saúde Ambiental.
Responsables do centro explican que se trata de dúas formacións cunha importante taxa de empregabilidade. O alumnado que curse algún destes ciclos, realizará unha formación combinada entre o centro e as empresas interesadas.
O alumnado da modalidade dual de Coidados Auxiliares de Enfermería poderá formarse nas empresas Fundación San Rosendo e DomusVi. Os que decidan cursar Química e Saúde Ambiental poderán realizar a formación en empresa en entidades tan importantes como ENCE, Bureau Veritas, CLUN, Quescrem, Lactalis, Bosende Trebo,o Concello de Cervo e o concello de Foz. «Todas estas entidades proporcionarán beca ou contrato durante o período na empresa», destacan no centro.
«Estas empresas demandan profesionais ben formados para contratar e por iso queren participar de xeito activo na súa formación», indican.
Por outra banda, o centro educativo contará na súa oferta cun novo ciclo de formación a distancia, o ciclo superior de Prevención de Riscos Profesionais, outra formación moi demandada na actualidade. Os interesados deberán presentar o formulario de admisión. O prazo de presentación das solicitudes comezou o 24 de xuño e remata o próximo 4 de xullo. Tamén haberá un período de selección para a formación dual, realizado polo centro educativo e as empresas colaboradoras.