
Volve a Foz o Ciclo de Charlas Médicas cada xoves de novembro. A Casa da Cultura de Foz acollerá os catro xoves de novembro ás 20:30 horas un ciclo de charlas médicas organizado polo Concello focense.
A concelleira de Sanidade, Verónica Peña, explica: “Quixemos que abarcaran todas as idades, desde a nenez ata a madurez e a vellez. Por iso cada xoves vai ir un especialista en cada idade: para a nenez ven un pediatra, para a adolescencia ven unha psicóloga, para a madurez ven un xinecólogo e para a vellez temos un xeriatra”. O día 7 o pediatra Assad Abadi Abadi falará sobre a nenez, o día 14 a charla versará sobre a mocidade e correra a cargo da psicóloga Ana Abad López. Colabora neste ciclo a clínica Maas Saúde.