Foz emite hoxe un vídeo dos traxes de Entroido nos escaparates e Viveiro e Cervo fan concursos virtuais
FOZ

En varias vilas manteñen o espíritu festivo a pesares da covid
16 feb 2021 . Actualizado a las 05:00 h.A concelleira de Cultura, Inés López Couto, anunciaba onte que «continúa a programación disposta para a edición XXXIX do Carnaval máis grande de Galicia, o de Foz, e este martes, día 16, o concello emitirá a través da súa canle de Youtube o vídeo Escaparates de Entroido 2021, realizado por Pablo Cid cos traxes expostos neles». Inés López explica que «a iniciativa de engalanar os escaparates da vila cos traxes do noso Entroido xurdiu dunha proposta de Olalla Rodríguez, da comparsa Trouleiras e a verdade é que foi un éxito».
Viveiro e Cervo e outros concellos mariñáns fan concursos virtuais, xa que non se poden organizar desfiles polas rúas. No caso de Cervo hai que enviar fotos ou vídeos dos disfraces hoxe antes das 17:00 horas a: @dinami...@concellodecervo.com ou por whatsapp aos números 691 65 66 00 ou 638 02 50 26. (Viveiro ten as bases na páxina web).